0 Gardados para despois

30 anos de Parlamento

En decembro de 1981, hai algo máis de 30 anos, constituíuse o Parlamento Galego, dando inicio (despois duns anos de réxime preautonómico) ao exercicio do autogoberno. Unha autonomía que durante tres décadas xestionou o Estado do Benestar en Galicia e que hoxe, desde algúns ámbitos, se ameaza con reverter e recentralizar.

Anxo Guerreiro, nun acto da asociación cultural Namentras

"Feijoo non sería capaz de dicir o que fixo en tres anos, porque non fixo nada"

Anxo Guerreiro foi deputado do PCG na primeira lexislatura do Parlamento Galego, e recuncou en 1997 con Esquerda de Galicia, en coalición co PSdeG. Fala con preocupación da situación económica, das medidas da axuste e dos erros estratéxicos da esquerda: "vai haber cambios de goberno en Europa, pero ademais fai falla que a socialdemocracia, que seguirá sendo maioritaria en Europa, cambie de actitude".

Ceferino Díaz

"Se a oposición se puxese de acordo nun proxecto compartido para este país, gañaría claramente as eleccións"

Ceferino Díaz foi deputado no Parlamento galego entre 1981 e 1997, e voceiro do PSdeG-PSOE, representando nestes anos a súa corrente máis galeguista. Despois incorporouse ao Congreso dos Deputados, onde permaneceu até 2011. No ano 2008 publicou o libro de memorias A esforzada conquista da autonomía. Falamos con el da Transición, o proceso autonómico e as ameazas recentralizadoras, da crise económica e do momento político actual. Repite dúas palabras por riba doutras: Galicia e proxecto.

  • "A autoestima é a base para que un goberno de esquerdas defenda os intereses de Galicia"

    Iniciamos con Camilo Nogueira unha serie de entrevistas para reflexionar ao redor dos 30 anos de autonomía e de actividade do Parlamento galego. Nogueira foi o deputado máis activo nas dúas primeiras lexislaturas, un período no que se construíu boa parte do entramado institucional e simbólico do autogoberno de Galicia. Falamos con el deste traballo, do actual proceso de recentralización do Estado e da actualidade política galega.