0 Gardados para despois

O colapso capitalista

A crise é protagonista desta historia desde o ano 2007. O sistema capitalista rebentou dende as vísceras do sistema financeiro norteamericano. Rapidamente se extendeu a nivel mundial ata que agora, case cinco anos máis tarde, a chamada Gran Recesión erixiuse como a máis grande ameaza do Estado de Benestar

Mário Soares

Mário Soares: "O lixo são as agências, não Portugal"

O ex presidente de Portugal, Mário Soares, interveio no recente encontro dos líderes da União Europeia em Bruxelas. Em declaraçõs exclusivas a Praza, reivindica a adoção de ações contra o desemprego e a recessão, mas não se posiciona em contra dos governos tecnocratas de Atenas ou Roma.

Olli Rehn

O custo do rescate afunde Portugal na recesión

A Comisión Europea prevé unha caída da actividade do 3,3% da economía portuguesa en 2012, unha recesión máis grave que a que se rexistrada antes do rescate. España decrecerá un 1%, segundo Bruxelas.

Atenas, entre as lapas

A nova pobreza soberana de Grecia

Portugal e Grecia son Estados soberanos. O apalancamento do que botaron man para se integrar na Unión Europea ou para dinamizar a súa economía pásalles factura en forma de rescates, presións e inxerencias políticas. A troika (FMI, BCE e UE) é unha máquina de tres cabezas que supedita calquera apoio económico a un brutal proceso de axuste.

  • A desconfianza ou a usura financeira

    O Banco Central Europeo vén de publicar unha enquisa realizada entre máis de cen bancos da UE. Os datos revelan que unha cuarta parte das entidades prevé reducir o crédito concedido a empresas e familias durante este ano. Menos financiamento malia que, nestes momentos, a banca ten máis de 486.000 millóns en depósitos no propio BCE. Case medio billón de euros que se prestaron para, en principio, abrir a billa do crédito

  • A suba do IVE en Francia fai perigar outro compromiso de Rajoy

    Francia está en plena campaña electoral. Aínda nese contexto, o presidente francés, Nicolás Sarkozy, vén de elevar o IVE ata un 21,2%. Tamén imporá unha taxa ás transaccións financeiras do 0,1%. Mariano Rajoy terá moi complicado eludir unha suba semellante pola crise fiscal española e polo feito de que a presión fiscal no Estado é das máis baixas da UE