0 Gardados para despois

Sanidade pública

A maior reforma sanitaria da historia da democracia española, decidida o pasado abril polo Goberno central en aras do cumprimento dos límites de déficit marcados pola Unión Europea, fixo aumentar en intensidade o debate público en torno aos servizos de saúde e os temores sobre a súa supervivencia como prestacións públicas e universais.

A conselleira de Sanidade, con Farjas e Mato no Consello Interterritorial

Rajoy carga o recorte sanitario nos pensionistas e a Xunta acátao

A ministra de Sanidade confirma que os pensionistas xa non pagarán os medicamentos só a través dos impostos, senón que terán que asumir un 10% do custo, cun copagamento mensual de entre 8 e 18 euros. Os xubilados galegos, coas pensións máis baixas do Estado, serán os máis prexudicados pola medida.

Presentación da manifestación

Unidade contra o "golpe de Estado" sanitario

Plataformas cidadás, sindicatos e partidos conflúen "contra os recortes e a privatización do sistema sanitario". SOS Sanidade supera as 40.000 sinaturas en apoio a súa iniciativa lexislativa e chama a participar na manifestación "unitaria" do vindeiro domingo en Santiago