0 Gardados para despois

Praza aberta ao talento

As páxinas de Praza Pública están abertas a todas as editoriais do país –e de fóra– que desexen divulgar obras en lingua galega mediante a cesión dun capítulo, fragmento ou extracto, de xeito que se amplíe o público que ten coñecemento de tales obras e acceso ao seu contido; mais tamén aos grupos musicais e ás empresas discográficas, ás compañías e asociacións de artes escénicas e ás empresas audiovisuais, aos artistas plásticos e ás galerías de arte, aos grupos de investigación, ás cooperativas, aos colectivos e empresas de desenvolvemento de software, aos emprendedores... A única condición é a da calidade e relevancia dos contidos, ben como a preferencia polas obras en lingua galega, aínda que a depender dos ámbitos ese requisito pode ser flexibilizado ou mesmo non aplicable.

Fervenza do Ézaro

"O pulso das túas rochas quebra ritmos cotiáns"

Presentámosvos un adianto de Un mar de sensacións. Rutas e poemas para descubrir a Costa da Morte, un libro escrito a catro mans, por Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera, que con poemas e roteiros percorre estas comarcas. 

Publicidade do novo hospital de Vigo

Os intereses cruzados do PP e as empresas adxudicatarias do novo hospital de Vigo

Vén de presentarse A saúde como negocio, un libro colectivo coordinado por Pablo Vaamonde e editado por Laiovento que afonda na defensa dos servizos públicos e nos riscos de privatización da atención sanitaria. Ofrecémosvos un dos capítulos, obra da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, que denuncia os intereses empresariais e políticos ao redor da construción do novo centro hospitalario.

Os Balcáns, vinte anos despois

Iniciamos a publicación dunha serie de reportaxes sobre os Balcáns, acompañados dunha mostra fotográfica realizada por Javier López Prol, que percorreu Serbia, Bosnia e Kosovo recollendo, coa palabra e a imaxe, a súa impresión sobre un país roto pero que mira o futuro, vinte anos despois do inicio da guerra civil. López Prol editará no futuro esta obra, xa dispoñíble en formato dixital, nunha versión impresa. Galería fotográfica no interior.

  • Os Balcáns, 20 anos despois: Kosovo

    Vinte anos despois do inicio da guerra dos Balcáns, Kosovo é a rexión onde o conflito continúa máis vivo. A historia de Kosova é tan complexa coma o seu propio presente. Javier López Prol amósanos a ségunda parte da súa reportaxe a vida actual da rexión, que se pode ver online e que terá unha edición física nos vindeiros meses. Galería de imaxes no interior.

  • Pequena escolma de 'Sobre Ruínas'

    Sobre Ruínas, o máis recente poemario de Xesús Rábade Paredes, hai unhas semanas foi elixido o mellor libro de poesía en galego do 2013 polos lectores de Fervenzas Literarias. Ofrecémosvos unha breve escolma da obra.

  • 'Esplendor Arcano', de Ramiro Torres

    Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, é o primeiro livro tanto do Grupo Surrealista Galego como do seu autor. Dividido em três partes: Campos de visão, Casa do despertar e Terra da iminência,

  • Plastic Dolls Show, unha estimulante novidade no teatro galego

    Elsinor Paradise é un cabaret decadente, unha penumbra que a duras penas permite adiviñar o seu pasado esplendor. Por ese territorio, escuro e subterráneo,  desfila unha corte de personaxes cun destino común, feito dun misto de fracaso, lucidez, amargura, saudade e loucura.

  • 'Banqueiros', teatro contra o saqueo

    Laiovento presenta este domingo no Culturgal o volume Banqueiros, no que dramaturgos galegos retratan a crise a través da súa arte. Praza adianta o prólogo do libro, asinado por Francisco Pillado Maior.

  • MicroQontos para ler entre tweet e tweet

    Daniel Landesa creou hai un tempo un certame de microrrelatos no seu blogue. A iniciativa tivo éxito e nela participaron moitos internautas, e entre eles algúns escritores e escritoras recoñecidas, coma Mario Regueira, Rubén Ruibal ou Fran Castiñeira. Ofrecémosvos un breve libro que compendia todos aqueles contos, exemplos dunha cultura cativa e orgullosa de selo, porque "como cultura cativa facemos moito e ben".