0 Gardados para despois

Galicia olímpica

Merce Barrientos

“Se Galicia fose un Estado, os nosos taekwondistas serían heroes nacionais”

Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos

O ciclista José Antonio Hermida, na presentación do seu equipo

“Nos Xogos, a miña medalla vale o mesmo que a de Nadal”

José Antonio Hermida (Puigcerdá, 1978) é outra das bazas galegas para Londres 2012. “Falo galego e meus pais son galegos”, xustifica este ciclista de montaña nado e criado en Cataluña. Campión europeo e do mundo de campo a través en varias ocasións, a última en 2010, xa coñece o que é a gloria olímpica logo de obter a medalla de prata en Atenas hai oito anos. Agora, afronta os seus cuartos Xogos Olímpicos co obxectivo de poñer un broche de ouro á súa prolífica carreira e celebrar de novo un triunfo simulando un pistoleiro. De aí lle vén o alcume a Pepiño Pistolas, que responde á entrevista en galego, pero que podería elixir. Fala seis idiomas.

Vanessa Veiga, durante o campionato de España de maratón

O regreso triunfal dunha atleta que quixo ser nai

Vanessa Veiga aparcou o atletismo sendo unha promesa para formar unha familia. Sete anos e tres fillos despois, a galega competirá no maratón dos Xogos Olímpicos de Londres, unha disciplina que case non coñecía hai uns meses. 

  • O piragüismo dálle outra medalla olímpica a Galicia

    O viveirense Cristian Toro acada o ouro xunto ao catalán Saúl Craviotto ao impoñerse na final do K-2 200. É o décimo metal galego neste deporte nuns Xogos Olímpicos tras os cinco de Cal, os dous de Ramos Misioné e os logrados por Míguez e Pérez Rial.  

  • Os éxitos olímpicos galegos: do fútbol en 1920 á lenda de David Cal

    Galicia suma máis dunha ducia de metais nos Xogos, un palmarés que pode aumentar desde esta fin de semana nunha nova edición en Río: Desde os pioneiros en Amberes 1920 ata o récord do padexeiro de Cangas, pasando por Misioné, Pérez Rial, Romay, Gómez Noya ou os triunfos na vela.

  • A axenda (e as bazas) dos olímpicos galegos en Río

    Catorce deportistas galegos compiten nos Xogos Olímpicos desde este venres. Velaquí o calendario dunha expedición que espera superar os catro metais acadados por deportistas de Galicia en Pequín 2008 e Londres 2012. 

  • "O deporte galego perdeu o medo a subir ao podio"

    ENTREVISTA Álvaro Alonso percorre en Galicia Olímpica (1996-2016) a historia dos e das 48 olímpicas galegas dos últimos catro xogos. O 5 de agosto comezará a cita de Río de Xaneiro, na que competirán 14 deportistas da comunidade.

  • Galicia suma xa catro metais nos Xogos Paralímpicos

    Chano Rodríguez consegue dúas medallas de prata e suma xa 15 no seu histórico palmarés, mentres que José Henrique Porto acada dous metais en ciclismo. Outras bazas galegas aspiran a aumentar a colleita galega nos vindeiros días.

  • As galegas Echegoyen e Toro acadan o ouro olímpico en vela

    Acompañadas da asturiana Pumariega, venceron na final a Australia 3-2 e suman o terceiro metal para Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres. Teresa Portela, cuarta en piragüismo, queda a 128 milésimas do bronce, un metal que si consegue a viguesa Begoña Fernández, terceira coa selección española de balonmán.