0 Gardados para despois

Abolición das touradas

A Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia celebrarase o vindeiro sábado 16 de xuño na Coruña, organizada por Galicia, Mellor Sen Touradas e CAS-International, co obxectivo de crear un foro de debate para as persoas que se opoñen a celebración de festexos taurinos en Galicia e tamén ao seu financiamento con cartos público.

Na Conferencia, da que Praza Pública é medio oficial e sobre a que realizaremos unha completa cobertura, participará Jordi Guillot, senador e vicepresidente de Iniciativa per Catalunya, que tivo un papel destacado no proceso de abolición das touradas en Catalunya, e tamén de Marius Kolff, director de CAS-International. Tamén haberá intervencións da historiadora Helena Escoda, o activista portugués Rui Silva, o xornalista luso Sérgio Alves e de Rubén Pérez, voceiro de Galicia, mellor sen touradas.

Para os antitaurinos o Concello "quere lavar as mans" e esíxenlle que aclare se vai seguir cedendo gratis o Coliseo

O goberno municipal da Coruña anunciou este mércores que deixaría de financiar os festexos taurinos coa subvención directa de 130 mil euros que entrega anualmente. Porén, os colectivos opostos a este espectáculo piden que deixe de cederlle de balde o recinto do Coliseo, unha subvención indirecta de 120 mil euros. O Concello da Coruña gastou case un millón e medio de euros nas touradas na última década.

O movemento en contra das touradas en Galicia non deixa de crecer

As touradas, derroche de cartos públicos en tempo de "austeridade"

Calcúlase que cada ano os gandeiros taurinos reciben 600 millóns de euros de fondos europeos para o desenvolvemento agrario. En Galicia, as subvencións públicas sosteñen os poucos espectáculos que quedan e por exemplo na Coruña a feira que se celebra en agosto acumula perdas de 600 mil euros nos últimos tres anos, a pesar da achega municipal de case medio millón de euros.

O Coliseo, nunha das touradas da feira

O Concello da Coruña subvencionará indirectamente a feira taurina

Aproba as condicións da licitación do espectáculo, que constará de tres touradas, e comprométese a "instalar e engalanar a praza", ademais doutras prebendas, como a cesión da banda municipal e a exención das taxas correspondentes, uns favores que sumados ascenden a 79 mil euros, segundo Galicia, mellor sen touradas.

  • En Sarria, contra as touradas

    Galiza Nova convoca para este domingo ás 17.30 horas unha concentración para protestar contra a corrida de touros que se vai celebrar na vila. Mentres, nove colectivos xuvenís ligados a partidos políticos ou movementos sociais presentaron un manifesto conxunto pola abolición.

  • "É unha batalla gañada; acabaremos coas touradas tarde ou cedo"

    A Coruña acolleu a Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia, na que activistas e políticos deixaron claro que "o vento sopra a favor dos abolicionistas" nun Estado. O senador de Iniciativa, Jordi Guillot, anunciou a creación dunha asociación parlamentaria no Congreso contra "a mal chamada festa nacional".

  • "Hai que ir sumando para poder facer a Syriza española"

    Jordi Guillot é senador por Iniciativa per Catalunya, formación da que é vicepresidente. Será unha das voces que participará este sábado na Coruña na Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia. Falamos con el da crise económica, da organización da esquerda e das touradas, sobre as que é rotundo: "se a marca España se reduce a Bankia e ás corridas de touros, imos apañados. É o peor pasaporte que podemos ter". Audios no interior.