0 Gardados para despois

O futuro de Reganosa

O Tribunal Supremo desestimou a apelación presentada pola empresa e o Concello de Mugardos contra a sentencia do TSXG, que en 2008 xa anulara os cambios no PXOM. O Concello aprobou unha nova modificación do plan o pasado mes de abril para que a planta de gas se adapte á normativa ambiental. Pendente de numerosas alegacións, a aprobación da modificación depende da Xunta. As entidades veciñais, sociais e ecoloxistas que compoñen o Comité Cidadán esixirán a execución da sentenza, e piden a inmediata paralización da actividade da regasificadora e o seu traslado.

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos

O Supremo anula o plan de emerxencia de Reganosa aprobado pola Xunta

O tribunal di que non se podían analizar os riscos da planta sobre a base dunha planificación urbanística tamén nula. Esta é a cuarta sentenza firme do Supremo contraria á planta de regasificación de Mugardos, logo de anular tamén o plan de urbanismo, a autorización da planta e o proxecto de execución que a amparaban.

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos

"O que non di Reganosa"

O Comité Cidadán de Emerxencia prepara a sexta marcha a pé contra a regasificadora de Mugardos para volver esixir o cesamento das súas actividades, "ilegais" tras a "sentenza inapelable" do Tribunal Supremo, din