0 Gardados para despois

Os recortes

O 11 de xullo de 2012 Mariano Rajoy anunciaba un duro recorte que chegará ata os 65.000 millóns de euros. A suba do IVE, a mingua das prestacións por desemprego ou a eliminación de parte do salario anual do persoal público supoñen, en boa medida, a tradución práctica do rescate bancario decidido polo Eurogrupo a comezos de xuño.