0 Gardados para despois

Pemex

O 19 de setembro de 2012 a Xunta apadriñaba a sinatura dun acordo entre a petroleira mexicana Pemex e os estaleiros galegos Navantia e Barreras para a construción de cadanseu buque hotel. O trato inseríase nun acordo de "alianza estratéxica" que inclúe futuros pedidos da empresa azteca para as empresas galegas. O 27 de setembro, directivos da compañía estatal revelaban en México que "non había contrato ningún" asinado con estaleiros galegos e que o acordo producírase entre a súa filial internacional (PMI) e as firmas navais pero a expensas de que Pemex elixa o proxecto galego nunha futura licitación. O 28 de xaneiro de 2014 chegaba a adxudicación de senllos floteis.

Instalacións de Pemex

A Xunta procura que o naval e NGB 'fagan as Américas'

Feijóo asegura que "en oito ou dez semanas" se coñecerá se a petroleira Pemex lle fará encargos a estaleiros galegos e admite que se reuniu cos financeiros Carlos Slim e Olegario Vázquez Raña para "falar da situación económica de Galicia e "atraer investimentos".

O sector naval en Vigo atravesa unha grave crise

"A Xunta non ten plan para a industria, e a súa capacidade para reactivala é escasa"

Os últimos datos do Índice de Produción Industrial (IPI) en Galicia volven ser devastadores. Cae un 11,7% en termos interanuais, dous puntos máis que a media estatal, e acumula xa unha taxa negativa de 9,9 puntos no que vai de ano. Xan López Facal, enxeñeiro industrial e prestixioso economista, analiza a complicada situación da industria, tal e como fai máis exhaustivamente para diversos organismos.