0 Gardados para despois

Oito de marzo

A celebración do 8 de marzo o pasado ano significou un éxito de participación e de traballo conxunto das distintas organizacións feministas. Neste 2013 as reivindicacións mantéñense e gaña peso a denuncia das diferencias salariais e dos recortes. A crise económica está afectando as mulleres con máis dureza se cadra.

Mariscadoras galegas

A precariedade laboral das mulleres galegas

Os distintos informes dos sindicatos sobre a situación do mercado laboral en Galicia descobren os efectos da crise, os recortes e a reforma laboral sobre o emprego feminino, caracterizado xa pola temporalidade e a desigualdade salarial cos homes.