0 Gardados para despois

A.N. do BNG

O vindeiro 17 de marzo o BNG convoca a súa militancia en Compostela para celebrar o plenario da XIV Asemblea Nacional. Precedida dunha forte caída electoral e dun proceso "participativo" entre a militancia e sectores alleos, a formación frontista formula a cita como unha oportunidade de iniciar a "recuperación da confianza da sociedade galega" e fixan como obxectivos "espallar o nacionalismo, impulsar a democracia e revitalizar o BNG".