0 Gardados para despois

Congreso do PSdeG

O pasado 2 de marzo o Comité Nacional do PSdeG trazou o roteiro do seu proceso congresual coa novidade dunha consulta á militancia para designar a persoa que asuma a secretaría xeral. Tras un proceso no que non faltaron as tensións internas e os adiamentos, o 7 de setembro José Ramón Gómez Besteiro foi designado secretario xeral. O proceso culmina no Congreso do 29 de setembro.

Gómez Besteiro, entre varios delegados, no congreso do PSdeG

Besteiro sitúa nos concellos o inicio da "recuperación" do PSdeG

O vencedor das primarias, confirmado como novo secretario xeral do PSdeG co 95% dos votos, ve nas vindeiras eleccións municipais o impulso necesario para "facer do PSdeG a única alternativa real de goberno" e coloca varios alcaldes nos postos claves da nova executiva.

Besteiro, nun acto coa militancia

A hora de Besteiro

O Congreso Nacional dos socialistas ratifica este domingo o seu novo secretario xeral, a quen lle corresponde cadrar as pezas internas na conformación da nova Executiva e decidir quen será a voz da nova dirección no Parlamento