0 Gardados para despois

letras 2013: RVB

Antonio Durán, Morris

“O regreso de Manuel Guede tiña que ser máis humilde, non foi afortunado que emporcallase o concurso público do CDG”

O intérprete Antonio Durán Morris recibirá o premio Pedigree 2012 da IX edición do Festival de Cans, que se celebrará entre o 23 e o 26 de maio. O actor, que vén de recibir o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina por Doentes, recoñece a súa satisfacción polo galardón dun festival, Cans, que viu “medrar dende os comezos”. Praza aproveita a ocasión para falar co actor do sector audiovisual, das artes escénicas, do CDG, de Vidal Bolaño e, como non, da omnipresente crise.

Roberto Vidal Bolaño

Unha campaña promove as Letras Galegas de 2013 para Vidal Bolaño

O grupo de promotores busca adhesións e comunicarase proximamente coa RAG para acada a necesaria homenaxe ao escritor, que se podería converter no primeiro dramaturgo homenaxeado coas Letras. “ Os tempos deberían ser chegados para ese xénero que segue sendo literario. Cincuenta anos pasaron polo 17 de Maio e trinta polo teatro galego e a súa profesionalización”, reivindícase no manifesto da campaña que xa apoiaron preto de 300 persoas.