0 Gardados para despois

europeas2014

Pleno en Estrasburgo

Que fixeron os eurodeputados galegos ao chegar?

O popular Millán Mon estrea a lexislatura comunitaria cunha iniciativa sobre Rusia e Ucrania e Senra, de AGEe, faino reclamando unha renda básica universal europea. BNG e CxG tramitan tamén as súas primeiras achegas a través dos representantes de Bildu e do PNV.

Vista dun pleno do Parlamento Europeo.

O Parlamento Europeo máis político

A cidadanía europea escolleu entre o 22 e o 25 de Maio un Parlamento con maiores capacidades que as de anteriores convocatorias. A nova Eurocámara será un espello das negociacións e os balances de forzas entre os diferentes partidos políticos europeos, as tensións entre os países do centro e os países da periferia e os proxectos enfrontados dunha Europa federal ou unha Europa dos estados.