0 Gardados para despois

Mes das letras

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. A data, de reivindicación para moitas persoas e de ritual para algunhas outras, xera unha vaga expansiva de celebracións, loitas e esperanzas para un idioma que, malia todo, segue a dar a batalla pola súa propia vida.

"Feliz día del gallego"

A retranca de usuarias e usuarios galegos de Twitter levou hai uns anos ao nacemento do #díadelgallego, unha irónica etiqueta para darlle a volta aos rituais do 17 de maio en ámbitos como a prensa. Máis de 30 anos despois das primeiras normas legais para potenciar a lingua propia no ámbito da comunicación o traballo por facer continúa a ser inxente.