A precampaña municipal

Candidaturas municipalistas sitúan no 24-M o "inicio da revolución democrática"
A Marea Atlántica, xunto a outras cinco listas cidadás como Barcelona en Comú ou Ahora Madrid, reivindica o protagonismo da xente nos comicios locais. Xulio Ferreiro advirte dunha formación que "cabalga sobre unha marea de rebelión democrática que vén do Nunca Máis ou do 15M"

Feijóo volve axitar o medo ao comunismo ás portas da campaña
O presidente da Xunta responde unha pregunta de AGE sobre os datos do paro instando a coalición a aclarar se prefire "o plan quinquenal das economías comunistas ou a misión bolivariana das economías caribeñas"

O PSdeG de Lugo insta o candidato do PP a aclarar se a súa casa no Corgo ten licenza
Os socialistas lucenses reclaman que Jaime Castiñeira "amose" a autorización para construír unha casa na urbanización Santa Mariña, legalizada en 2014. O candidato popular esgrime a "legalidade" e atribúe a petición á "desesperación" do PSOE.
-
O conflito da música nos locais e as artes na rúa, prioridade cultural de Compostela Aberta
A candidata número catro, Branca Novoneyra e o membro do grupo de teatro Chévere, Xavier Ron, presentaron o documento base sobre o que a formación política traballará no eido cultural
-
A defensa do público marca o primeiro debate electoral en Santiago, con Hernández ausente
Os alcaldables de PSdeG, BNG, Compostela Aberta, Compromiso e Ciudadanos acuden ao encontro convocado polo persoal do Concello compostelán, ao que o alcalde e aspirante do PP non foi por consideralo "un postureo político".
-
Paridade? 4 de cada 5 candidatos á alcaldía son homes
Tan só o 21,8% das listas están encabezadas por mulleres e hai 128 concellos nos que todas as candidaturas están lideradas por un varón. Na actualidade só 31 localidades galegas están gobernadas por unha alcaldesa, fronte a 283 rexedores.
-
"A cidadanía debe escarmentar o PP nas municipais e sentar as bases para derrotalo en 2016"
ENTREVISTA O portavoz nacional do BNG observa o 24-M como o primeiro chanzo dunha carreira de fondo que o Bloque afronta cun "esforzo de posta ao día". Xavier Vence augura bos resultados para a formación onde xa goberna e amósase partidario de "construír alternativas" ao PP "onde sexa posible".
-
A Marea Atlántica chega chea de "ilusión" á beira da campaña electoral
A plataforma cidadá supera o obxectivo e recada máis de 12.000 euros para financiar a campaña electoral. O seu candidato compartirá acto con Barcelona en Comú ou Ahora Madrid e Pablo Iglesias viaxará á Coruña para apoiar a candidatura que aspira a liderar a alternativa a Negreira.
-
Así carrexa o PP votos de anciáns en Ourense
O PSdeG de Amoeiro denuncia e achega vídeos ante a Xunta Electoral nos que se proba como o PP fai campaña en xeriátricos, ofrece notarios de balde para facilitar o voto ou utiliza unha ampla rede de contactos na Administración para carretar as papeletas de maiores impedidos.
-
Sete cidades, sete batallas
Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol suman case un millón de habitantes. Pero, ademais, o voto urbano adoita marcar tendencias e iniciar cambios políticos. Analizamos a evolución das distitas forzas na última década.

Ahora En Común

Distribución dos concellos galegos polo número de listas encabezadas por...

Anciáns explican a carretaxe de votos en Amoeiro por parte do PP

Gasto do Concello de Santiago en publicidade

Enquisas de 'La Voz de Galicia' para as cidades galegas

Besteiro salienta que o PP ficaría sen maiorías absolutas nas cidades

Candidaturas cidadás e de confluencia

Candidatos e candidatas municipais en Twitter

EPA e paro rexistrado en Galicia

Novos votantes nas eleccións municipais
Inauguracións de precampaña

Martiño Noriega manifesta a súa aposta por "gañar" en Santiago

Candidaturas cidadás en Galicia

Feijóo presenta o 'contrato' dos seus candidatos ás cidades en 2011

Tráfico dos aeroportos galegos
