Vigo concéntrase en repulsa polo asasinato machista de 'Tilde', veciña de Teis
A muller, de 82 anos, morreu a mans do seu marido a pasada semana, despois de sufir malos tratos psicolóxicos durante décadas. Este sábado unha concentración no propio barrio vigués denunciou que "non é un caso illado" e que "o machismo mata". Este luns está convocada unha nova concentración diante do MARCO.