A Xunta usou fondos europeos para cubrir parte do salario de profesorado fixo de centros de Infantil e Primaria
O Programa FSE+ Galicia 2021-2027 foi empregado para financiar o 60% dos custos de persoal de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. CIG-Ensino considera "totalmente improcedente" que se use unha subvención da UE "para sufragar parte dos salarios de profesorado estrutural" e Educación xustifica que "aproveita todas as convocatorias de fondos para seguir potenciando un ensino de calidade".