Revogada a autorización de verteduras da mina de San Finx tras meses de incumprimentos por parte da empresa
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
O Goberno galego admite que detectou "valores superiores aos permitidos" nas augas da contorna e abriu un expediente sancionador á empresa, pero dálle máis marxe antes de comprobar se está a cumprir "co seu deber de execución da depuradora"
A plataforma contra as verteduras define como "insulta á intelixencia" a declaración de Ángel Bernardo Tahoces, investigado por presunta falsidade documental, tras dicir que as presas da instalación mineira eran para un pequeno muíño de millo.
Reclaman á Xunta que inicie un expediente sancionador e insisten en considerar ilegal a autorización de vertido outorgada en febreiro polo Goberno galego
Ecoloxistas en Acción presentou esta semana unha denuncia penal contra a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, sinalando que a instalación dun tubo de drenaxe na mina forma parte "dunha obra pública contratada pola Consellaría para o asfaltado dunha estrada local", o que podería constituír "un delito de malversación de caudais públicos e prevaricación"
Ángel Bernardo Tahoces, actual xerente da Axencia da Industria Forestal, declarará como investigado por ter presuntamente asinado informes con falsidades para beneficiar a mineira de San Finx, implicada noutras dúas causas penais. Son varias xa as declaracións do ex-alto cargo en procesos xudiciais contra explotacións mineiras en Galicia.