A gran manifestación contra a mina de Touro busca "encher" o Obradoiro o 10 de xuño
A plataforma veciñal contra o proxecto e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, xunto con máis de 40 colectivos, unen forzas nunha marcha coa que intentarán "presionar" a Xunta para que non autorice un proxecto mineiro do que advirten graves prexuízos económicos e medioambientais.