O incendio do parque do Invernadeiro segue sumando hectáreas e xa chega ás 6.500, mil máis na última xornada
Xa son máis de 32.000 as hectáreas ardidas nos principais incendios dos últimos dez días, pero ningún rexistra xa perigo para vivendas
Xa son máis de 32.000 as hectáreas ardidas nos principais incendios dos últimos dez días, pero ningún rexistra xa perigo para vivendas
Dos 12 incendios de máis de 20 hectáreas aínda sen extinguir a Xunta xa só considera activos catro, os máis grandes, mentres ve estabilizados dous e nas últimas horas deu por controlados tres
O informe, incluído no plan contra incendios deste 2022, evidencia que o abandono dos traballos rurais deriva nunha "gran acumulación de biomasa", dende leña a pasteiros abandonados sen espazo entre eles, que vira a zona nun "ecosistema moi inestable" susceptible de arder nun "gran incendio difícil de extinguir" con "calquera raio, descoido ou neglixencia"
A Xunta advirte do "carácter anómalo" de incendios que "quedan fóra da capacidade de extinción". "Non hai dispositivo capaz de controlalos", di un brigadista
Durante os anos 90 os maiores incendios roldaban as 3.000 hectáreas; no que vai de século XXI chegaran a arder máis de 7.000 en Cerdedo (2006) e case 9.000 en Ponteareas (2017). Agora, os focos do Courel e Valdeorras xa superan as 10.000 nunha vaga azouta espazos naturais protexidos onde, malia tratarse de zonas moito menos poboadas que o eixo atlántico, foi preciso realizar desaloxos por risco para as persoas mentres nalgunhas aldeas arderon máis dunha decena de casas
Veciñanza de Valdeorras e O Courel denuncia a "indiferenza", "abandono" ou "desatención" que senten e as graves consecuencias duns incendios "nunca vistos" e avivados pola importante acumulación de combustible vexetal nos montes. "Non pode ser que haxa maleza de tres metros ao pé das casas", advirte un brigadista.
O presidente do Goberno de España insta a que as políticas ambientasi "transcendan lexislaturas e Administracións". Rueda atribúe actual onda a un contexto meteorolóxico "absolutamente inédito" e, fronte ás críticas pola demora na constitución de brigadas municipais, reitera que a Xunta ten activa a "totalidade do operativo" de extinción. Pontón, que tamén visitou a zona, avoga por "outro modelo forestal" e "medidas estruturais" de prevención e loita contra o despoboamento: "O que estamos a vivir vaise agravar co cambio climático"
O director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, advirte de como a intensidade dos focos na serra lucense provocaron nubes de convección que mudaron o réxime de ventos e impulsaron a propagación dos da comarca ourensá. Os raios iniciaron focos en lugares inaccesibles; a calor e a seca dispuxeron un combustible vexetal que axudou a propagar os incendios
A actual onda de lume concéntrase en espazos de alto valor natural e patrimonial en áreas de montaña de Lugo e Ourense, entre eles espazos protexidos como a Serra da Enciña da Lastra e O Invernadeiro. Ademais de arrasar milleiros de hectáreas de monte, pon en risco e xa calcinou vivendas en varias aldeas
CIG e BNG advirten de que brigadas municipais contra incendios están sen constituír ou padecen escaseza de medios, o PSdeG sinala a "lentitude" da actuación en áreas coma o sur de Lugo. Rueda "garante" que están a actuar "todos os efectivos dispoñibles". Ante a actual vaga de incendios agroman tamén advertencias de maior percorrido, coma o impacto da crise climática ou o abandono da actividade agrogandeira
Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Carballeda de Valdeorras e Vilariño de Conso son os concellos afectados polos principais focos tras "descontrolarse" a situación durante as treboadas da pasada semana, segundo Medio Rurall. En máis de media ducia de incendios os focos poñen en perigo contornas habitadas