A reforma das pensións que vén: cálculo de 25 ou 29 anos, suba das máis baixas e "cota de solidariedade" a soldos altos
Nos primeiros vinte anos do novo sistema, a pensión calcularase a través dos dous períodos e asignarase a máis beneficiosa para a persoa que se xubila. A reforma prevé dotar de máis recursos ao sistema con máis cotización para os soldos máis altos e que as pensións máis baixas, con especial incidencia en Galicia, cheguen a acadar o 60% da renda mediana do Estado. O novo modelo, xa rexeitado frontalmente pola patronal CEOE, aínda ten que acadar apoios parlamentarios alén dos de PSOE e UP