Xerais16

Que pasou o 26X? Así foi a cousa concello a concello
O PP creceu de forma uniforme en toda Galicia, algo máis en Bergantiños e Deza e algo menos en Vigo e O Baixo Miño. O PSdeG-PSOE medra nas cidades, ao contrario que En Marea, que experimenta nas sete urbes e as súas areas metropolitanas os maiores descensos. Mapas no interior

As claves: A desmobilización de En Marea e a activación do voto do PP en Ourense
A pesar de que abstención creceu en Galicia, en 44 concellos (sobre todo da zona rural) a participación foi maior. En cambio, houbo menos votos en comarcas urbanas e costeiras (Bergantiños, Costa da Morte, Baixo Miño, A Mariña, O Salnés...). Mapa e gráficos no interior
-
Rajoy vota e anuncia que España "será o que os españois queiran que sexa". Berros enfrontados de "presidente" e "sí se puede" no momento da votación do presidente do Goberno en funcións.
-
Atacada a sede do Partido Comunista en Madrid con pedradas e pintadas fascistas. "Rojos al paredón, asesinos", podía lerse nalgunha das mensaxes escritas.
-
Pedro Sánchez anima a votar para que o goberno teña "a máxima lexitimidade posible". O líder do PSOE vén de exercero seu dereito ao voto en Madrid.
-
Leiceaga anima os cidadáns a "votar de forma masiva". Ángela Rodríguez, candidata de En Marea, di que hoxe "váiselle gañar á tristeza". Gómez Reino pide votar "con esperanza".
-
Albert Rivera chama a votar "especialmente á xente moderada". "É importante ir votar, xa vimos o que vén de pasar no Reino Unido", di o líder de Ciudadanos.
-
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, votou xa neste 26-X. O número un de Ciudadanos pola Coruña anima a votar "con cabeza" e espera non ter que volver "axiña" ás urnas.
-
Normalidade na apertura dos colexios electorais en Galicia. Constituídas as 3.981 mesas habilitadas en 2.470 locais de todo o país, segundo vén de destacar o delegado do Goberno, Santiago Villanuea.
-
Alberto Garzón, líder de IU, xa votou en Málaga. O número cinco de Unidos Podemos foi o máis madrugador dos líderes estatais.
-
O novo Congreso afasta a investigación de Angrois e volve abrir a porta á revisión de ENCE
Se todos os grupos manteñen as súas posturas a respecto da lexislatura fallida, a comisión sobre o sinistro do Alvia en Compostela está abocada ao fracaso e a iniciativa sobre a prórroga para a pasteira de Pontevedra poderá ser aprobada de novo.
-
O equilibrio esquerda-dereita non se movería no Parlamento de Galicia
PP e Ciudadanos sumarían os mesmos deputados que teñen actualmente os populares en solitario, 41 de 75, e permitirían a Feijóo renovar en outono a presidencia da Xunta co seu propio bipartito.
-
As sondaxes manteñen o PP galego e consolidan En Marea como segunda forza
O inquérito a pé de urna das televisións públicas auguran que Unidos Podemos superará o PSOE e debuxan un panorama no que ambas forzas roldarían a maioría absoluta no Congreso.
-
O PPdeG frea o devalo iniciado en 2012 xusto antes do gran reto das galegas
Dende 2012 todos os resultados do PPdeG foran peores que nas eleccións previas do mesmo ámbito. Os votos acadados o 26X están lonxe dos seus mellores resultados, pero devólveno ao momento previo ao seu peor ciclo.
-
O PPdeG recupera o voto fugado a C's e En Marea perde folgos
Os populares galegos frean o devalo na segunda oportunidade grazas á Coruña e Ourense, o PSdeG logra recuperar o segundo posto en votos e escanos e Ciudadanos desaparece da representación parlamentaria galega.
-
En Marea fronte a En Marea cara ás eleccións galegas
Tras a primeira noite electoral triste da súa historia, a coalición de Podemos, Anova e EU e mais as mareas municipais abordan o xeito de afrontar a crucial proba das eleccións galegas, que serán convocadas en apenas dous meses.
-
Rajoy, triunfador nas portadas do día despois
Os diferentes medios de comunicación coinciden en sinalar a Mariano Rajoy como o gran vencedor do 26X co devalo das expectativas de Unidos Podemos e o mantemento do PSOE como segundo principal argumento.
-
Feijóo e Baltar danlle ao PP 2 dos 14 deputados que recupera en toda España
A campaña do presidente galego, salientando a súa labor de goberno máis que a de Rajoy, coa vista posta nas autonómicas, e apelando á volta ao PP dos votantes que marcharan a Ciudadanos lévao a acadar agora o seu obxectivo de decembro: maioría absoluta de escanos.
-
O PSdeG aguanta e volve ser segunda forza en Galicia
Os socialistas manteñen os 6 deputados, soben un punto e superan a En Marea en votos e escanos en Galicia.
-
O PP gaña en 300 dos 314 concellos
O PSdeG-PSOE domina en 12 localidades e En Marea en só dúas (Cangas e O Grove). O 20D os populares obtivera 282 vitorias, por 17 dos socialistas, 14 de En Marea e 1 de Nós. Mapa no interior
-
Feijóo: “Pídolles aos que nos votaron en 2011 que esquezan os nosos erros”
O presidente acentúa en Vigo o discurso da ruptura de España sobre o do medo á revolución, pide os electores que escollan o PP por eliminación dos outros e apela aos que hai catro anos votaron o PSOE. Nun paseo por Santiago recibe apupos contra a corrupción.
-
O BNG asume os "malos resultados" e di "empezar hoxe" a campaña das autonómicas
O Bloque perde uns 25.000 votos e queda por baixo do 3% de apoio. "Eramos David contra Goliat", di Ana Pontón que lamenta o "escenario claramente condicionado polo bipartidismo a catro".
-
O PP gaña nas cidades, seguido por unha En Marea debilitada
Os populares gañan nas sete urbes, subindo en todas elas. En Marea baixa entre tres e catro puntos e o PSdeG-PSOE, que medra lixeiramente en porcentaxe de voto, consegue ser segundo en Lugo e Ourense.
-
Os populares incrementan o seu dominio no Senado, onde En Marea perde un escano
O PP obtén 12 dos 16 senadores galegos, mentres que o PSdeG-PSOE recupera o escano pola Coruña. Os populares levan 130 dos 208 postos na Cámara alta.
#OsPrismáticos Día 13 de campaña

Extrapolación do 26X e resultados de 2012


Enquisa de Sigma Dos para as televisións públicas

Participación ás 18h


Quen nos representa!

Porcentaxe de participación do 20D por concellos

Ana Pontón

Carlos Callón

Solicitudes de voto por correo

Solicitudes de voto por correo

Non hai papeletas de En Marea para a provincia de Pontevedra

Non nos gustan os playbacks

Feijóo insta a non votar por Ciudadanos porque beneficia a Podemos

O BNG pide a transferencia de Salvamento Marítimo

Inscricións no Censo de Residentes Ausentes en Galicia

José Canedo, candidato de UPyD

Marta González (PP) alerta na praza de abastos de Santiago de que o alcalde...
#OsPrismáticos Comezo da campaña do 26-X

Escanos no Congreso polas circunscricións de Galicia

Recordo de voto nas eleccións galegas de 2012 segundo a idade do electorado

Traspasos de competencias a Galicia
-
David Lombao
Unha ducia de máis carteis electorais de antes
Hai dous anos comezabamos un longo ciclo electoral -no que aínda seguimos- botando a vista atrás aos xeitos de levar a vida política...
-
Miguel Pardo
Unha ducia de candidaturas para elixir en Galicia o 26-X
O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar esta semana as candidaturas ao Congreso e ao Senado polas diferentes provincias para...