David Lombao

David Lombao

Xornalista galego. De Lugo. Traballei e aprendín na Cadena SER, Radio Voz e Xornal de Galicia. Director de Praza.gal. 

  • Calvo perde a dirección política das delegacións da Xunta e gaña os innumerables conflitos do transporte

    Quince anos despois de ser nomeado conselleiro por primeira vez, o agora presidente procura transmitir a sensación dunha nova xeira con relevantes reestruturacións de competencias no Goberno. O conselleiro da Presidencia pasa a ter que lidar con múltiples frontes abertas: dende os procesos xudiciais e reclamacións ligadas ás concesións de Monbus, compañía que as domina, ata as eivas dos buses escolares

  • A lentitude da Xunta coas axudas ao alugueiro volve evidenciarse ao certificar que ficou sen cartos

    O Defensor del Pueblo xa acreditara o "grave incumprimento" dos prazos na xestión do Bono Alugueiro Mocidade, con demoras superiores a un ano tras estipular a Xunta que resolverá nun máximo de 3 meses. Neste abril de 2024 a Xunta certificou oficialmente no DOG que esgotou os 23 millóns que lle transferira o Estado para sufragar estas axudas, convocadas en xuño de 2022

  • As fotos de despois e a aldraxe viguesa

    A toma de posesión dos novos membros do Goberno galego acredita ata que punto seguen pesando as provincias no PPdeG e a claridade dunhas adscricións e cotas territoriais das que desaparece a cidade de Vigo. A ausencia non pasou desapercibida na cidade a nivel político e mediático mentres a xestora do PP local, inmerso na súa enésima crise, resolve que "o primeiro conselleiro de Vigo" vai ser o presidente

  • Da represión franquista e o conde de Fenosa ao emir de Abu Zabi

    O xigante emiratí TAQA evidenciou esta semana o seu interese por mercar Naturgy, a empresa xurdida da compra de Unión Fenosa por Gas Natural, mediante negociacións con CaixaBank e dous fondos de investimento. FENOSA naceu tras a entrega a Barrié por parte dos golpistas das empresas roubadas a José Miñones, asasinado en 1936

  • Fálase | Nun bar con máis cuñados

    No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Iolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán

  • Pontón presenta o 'goberno na sombra' do BNG: "Marcaxe estrita" á Xunta e "a cada crítica, unha solución"

    O Bloque inspírase no parlamentarismo británico para constituír un gabinete con membros do seu grupo parlamentario que "achegue propostas estratéxicas e promova pactos de país" ao tempo que controla especificamente o labor de cada consellería. Reunirase "cada quince días" e prevé "percorrer o país" para "escoitar" e "explicar a nosa alternativa de goberno dende o primeiro minuto" da nova lexislatura

  • Rueda confirma no primeiro Consello da lexislatura o 'bono mascota' que prometeu na campaña

    O Goberno galego aborda no seu primeiro Consello con plenos poderes un informe que permite ao presidente avanzar que as axudas para adoptar mascotas serán convocadas "previsiblemente" en xuño e serán de ata 150 euros para cans e 125 para gatos co obxectivo de subvencionar custos coma vacinación ou microchip. O xefe do Executivo asegura que non pretendeu mandar "ningunha mensaxe" coa nova configuración do Consello, que cancela as vicepresidencias: "O reforzo da miña persoa como presidente vén do resultado electoral", agrega

  • Setenta puntos sospeitosos de 'contaminantes eternos' en Galicia, sinalados nunha investigación internacional

    Os PFAS son substancias químicas presentes en utensilios cotiáns como tixolas antiadherentes ou roupa impermeable, pero tamén contaminantes "extraordinariamente persistentes no medio ambiente nos nosos corpos". O proxecto 'The Forever Pollution Project', que vén de ser recoñecido nunha prestixiosa revista científica, identifica en Galicia múltiples depuradoras, plantas de tratamento de refugallos como Sogama, industrias como Alcoa ou Ence ou varias madeireiras como puntos nos que é "moi probable" que exista contaminación por PFAS

  • Dez pactos que non van ser (e un que debería)

    A ausencia de necesidade ou incentivos para subscribírenos fai altamente improbable que cheguen a concretarse os pactos ofrecidos na investidura en materias como industria, sanidade ou vivenda. O PP si pode acabar precisando un acordo nun ámbito non estritamente mencionado no debate, a remuda da dirección xeral da CRTVG

  • A terceira vida da "oficina económica" da Xunta

    No debate de investidura Rueda anunciou a creación dunha "oficina económica" dependente da Presidencia chamada a "coordinar" proxectos empresariais e "axilizar a xestión dos fondos europeos". A actual Oficina Económica de Galicia existe dende o pasado 1 de xaneiro, cando entrou en vigor a reforma que concentrou nela as competencias das anteriores 'Oficina Doing Business Galicia' e 'Unidade Galicia Emprende', creadas polas sucesivas leis de Feijóo presentadas como vías para atraer investimentos