O BNG promoverá investigar no Parlamento os contratos COVID da Xunta se o PP "non acepta unha auditoría"
O deputado Luís Bará reclama que as pescudas atendan á "indecencia" de comisionistas que "fixeron negocios multimillonarios" en plena emerxencia sanitaria e a contratacións concretas con empresas como Sibucu, Mape ou Universal Support. Nesta lexislatura o Bloque ten a posibilidade de abrir unha comisión de investigación aínda que o PP se opoña
- Datos
- Acontece
O sobreenvellecemento cae por primeira vez dende 1977 ao computar os nados ao inicio do golpe franquista
A porcentaxe de poboación de 85 ou máis anos sobre o total da que ten 65 ou máis diminúe polo efecto na estatística da caída de nacementos en 1937 e queda no 19,61%, segundo os datos que vén de actualizar o IGE, que tamén reflicte como a poboación potencialmente dependente segue a aumentar e equivale agora ao 59,96% dos habitantes en "idade potencialmente activa"
A parella de Ayuso mediou cunha empresa que vendeu 9,8 millóns en material COVID á Xunta no inicio da pandemia
Segundo as informacións divulgadas, González Amador actuou como intermediario para a catalá FCS Select Products, que lle pagou case 2 millóns polas vendas de material COVID negociadas coa galega Mape Asesores. A clave da suposta fraude reside na presunta vontade do comisionista por ocultar eses ingresos a Facenda. Mape foi o principal provedor de máscaras e batas para o Sergas nos primeiros meses da pandemia, con compras de 8,8 e un millón de unidades, respectivamente, que sumaron uns 7 millóns de euros
A inflación galega modérase en febreiro pero é a segunda maior do Estado
O IPC de febreiro quedou no 3,2% en Galicia, seis décimas menos que o mes previo, pero catro por riba da media estatal. O aceite segue encarecendo a un 45% interanual. Na banda contraria, alimentos como hortalizas, carne de ave ou leite abaratan lixeiramente
524 médicos do Sergas que traballan na privada xa cobran o plus antes condicionado a exercer só na pública
A extensión do complemento ao persoal médico que tamén exerce na privada foi un dos pactos do Sergas co sindicato gremial CESM para desconvocar a folga de 2023
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Once desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia durante 2023
Os desaloxos máis habituais seguen sendo en vivendas alugadas, con case un milleiro durante o pasado ano. En pisos hipotecados rexistráronse 164. En total, 1.127. Mentres, os novos casos de ocupación non chegaron ao cento
A aposta de Caixanova nas telecomunicacións, diluída de vez no novo xigante de MásMóvil e Orange
O Consello de Ministros dá o permiso que lle faltaba á fusión de Orange con MásMóvil, propietaria de R, a antiga 'teleco' galega. R naceu a finais dos 90 co impulso principal de Caixanova e Unión Fenosa ao abeiro dos plans para a despregadura da fibra óptica. En plena fusión das caixas pasou a estar controlada por un fondo luxemburgués e en 2015 mercouna Euskaltel, adquirida á súa vez por MásMóvil en 2021
Propietarios de pisos turísticos en Santiago din sufrir unha "campaña de desprestixio" e buscan apoio veciñal
No rexistro da Xunta constan máis de 800 pisos turísticos en Santiago, onde foron impulsadas limitacións a este negocio xa en 2023. A cifra sitúase só por tras das de Sanxenxo, Vigo e A Coruña. Os propietarios distribúen un panfleto no que atribúen a "entre outros, grandes cadeas hoteleiras" o aumento dos "prexuízos" na súa contra e expoñen argumentos como que os turistas "en xeral, retíranse cedo e madrugan" ou que manter os seus apartamentos xera "moitos gastos"
O Bloque máis numeroso bota a andar no Parlamento: "Actuaremos como alternativa de goberno"
Pontón avanza que a primeira iniciativa parlamentaria do BNG na nova lexislatura será unha lei para "crear unha empresa pública de enerxía e unha tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz"
Ulloa Viva recea do emprego real que poida xerar Altri ao prever augas residuais sanitarias "para 200 persoas"
A Xunta vén sostendo que a factoría que impulsa a empresa portuguesa en Palas terá "capacidade para xerar 2.500 empregos directos e indirectos". A documentación ambiental que está a tramitar a empresa indica que prevé ter que depurar 50 metros cúbicos diarios de augas residuais sanitarias, o que supón "200 habitantes equivalentes"
71 pediatras do Sergas con cadanseu milleiro de pacientes para atender
Unha cuarta parte do persoal médico pediátrico nos centros de saúde do Sergas ten asignados máis dos 1.000 pacientes pactados como "máximo" entre Estado e autonomías, segundo datos da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
O prezo da vivenda nova chegou a dispararse en Galicia ao maior ritmo en 16 anos durante 2023
O prezo da vivenda nova chegou a encarecer case un 12% durante o pasado ano, que finalizou cunha suba interanual do 6,7%. Durante o mesmo ano, o incremento dos prezos do alugueiro roldou o 8% en Galicia