Galicia conserva case 30.000 vivendas novas sen vender tras sete anos de crise
O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.
Unha enfermeira do 061 sofre un aborto tras denegárenlle a baixa por embarazo de risco
A lucense Marta Fernández denuncia que o organismo público recoñeceu o "risco" que estaba a sufrir, "pero no FREMAP dixéronme que non podía ter a baixa ata que estivese embarazada de seis meses e medio".
A Xunta recortou 3.000 empregos en educación e sanidade en cinco anos
O Goberno galego reduciu o seu cadro de persoal en 3.191 persoas dende 2009. Galicia perdeu 1.500 docentes e 1.600 profesionais do Sergas en media década.
Feijóo, partidario de que o PP mude a lei electoral en solitario xusto antes das eleccións
O presidente mantén que preferiría que a reforma das eleccións locais estivese xa aprobada, pero que executala agora serviría para "emendar os erros" que "acabamos de ver despois do 24M"
PSdeG e BNG pechan o acordo para gobernar a Deputación da Coruña en coalición
Valentín González Formoso (PSdeG) será o presidente e Goretti Sanmartín (BNG), vicepresidenta e voceira da institución provincial coruñesa. Socialistas e Bloque comprométense a estudar en tres meses que competencias poderían transferir á Xunta e aos concellos.
Inédita unidade política en torno á lingua galega
A práctica totalidade das forzas políticas con representación en Galicia, tamén o PP, súmanse á "declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega" que propuxo A Mesa.
A Igrexa compostelá arrefría a polémica da ofrenda ao Apóstolo: "Non ten maior importancia"
O deán da Catedral insta a "respectar" a decisión do goberno local de non acudir a actos relixiosos e subliña tras reunirse con Martiño Noriega que "o importante é que exista unha relación institucional cordial".
O PP desenterra o plan para ilegalizar os gobernos locais de coalición tras o pau do 24M
Os conservadores din estar dispostos a aprobar no treito final da lexislatura unha reforma para que o 35% dos votos implique gañar a alcaldía. Se o modelo estivese vixente nas pasadas municipais os populares enfrontaríanse en segunda volta á Marea Atlántica ou Compostela Aberta.
Interior gábase da "transparencia" dos cárceres mentres impide que deputados os visiten
Amaiur pediulle explicacións a Institucións Penitenciarias tras o veto á visita de deputadas do PSdeG a cárceres galegos. O Goberno central asegura que as prisións españolas gozan "da maior transparencia" e teima na prohibición.
"O BNG propón unha candidatura non só para os nacionalistas, senón nacional"
Vence coida que as "resolucións" de Anova "camiñan cara a unha confluencia coa proposta do BNG dunha candidatura nacional galega de unidade"
Feijóo reitera que foi elixido en primarias aínda que o designou un congreso de compromisarios
O presidente da Xunta ascendeu ao liderado do PPdeG tras un proceso congresual no que ficou como único candidato tras a retirada de Cuiña, López Veiga e de Barreiro, que se integrou na súa lista. O actual líder dos populares galegos era a opción preferida pola dirección estatal do partido.
Cáritas constata un incremento do 300% de persoas atendidas dende o inicio da crise
O perfil máis común é o dunha muller de entre 30 e 50 anos e a poboación migrante é menos do 20% da atendida. A dirección diocesana da entidade en Santiago destaca que dende nos últimos anos as achegas da Xunta descenderon un 70%