O PP culmina a remuda dende o poder absoluto e frea a pulsión de cambio malia un BNG de récord
Que a esquerda chegase á Xunta observouse como unha posibilidade máis palpable ca nunca en década e media. Tamén pola base electoral do PP, que se mobilizou masivamente no triunfo do PP de Galicia con menor autonomía a respecto da dirección estatal. Pero, paradoxalmente, vén supoñer o aval a Rueda para, agora si, construír un equipo de seu no vindeiro Goberno. Pontón liderará un grupo do BNG con tantos escanos coma os que tiña o PSdeG cando logrou a presidencia da Xunta e mantén que a formación non ten "teito". Besteiro compromete tentar "consolidar un proxecto recoñecido para a cidadanía" na noite electoral máis dura para os socialistas galegos
O PP encadea a súa quinta absoluta e supera o récord de Fraga malia á suba do BNG
O PP revalida o Goberno galego sen apenas desgaste, cedendo menos dun punto e dous escanos. O Bloque consolídase na segunda posición con 25 escanos, un novo máximo histórico sobre todo a costa dun PSdeG que asina seu peor resultado histórico nun Parlamento no que entra DO cun representante
- Fontes do Sar 18F Eleccións galegas
- Política
Un BNG entusiasmado ve a Pontón na presidencia: "Se ningún voto do cambio se perde, faremos historia"
O Bloque desborda as súas propias expectativas no mitin de peche dunha campaña que ve "histórica". "Este país xa cambiou e o domingo vaise levantar e facer historia; o cambio é imparable, está aquí e ninguén o vai frear", di Pontón, que apela especialmente a que nunca votou BNG para lograr chegar á presidencia
A Xunta envía milleiros de SMS a persoal sanitario anunciando melloras de soldos a 12 horas da fin da campaña
O Sergas informa nos teléfonos móbiles de médicos, residentes ou enfermeiras de aumentos retributivos aprobadas, acordadas e anunciadas hai xa meses e a dous días das eleccións.
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña inesperada dá paso ás eleccións máis incertas entre ilusións e temores
Remata a carreira cara a unhas eleccións que o PP adiantou buscando o perfil baixo e adminitrativista. Enfronte atopou máis pulsión de cambio da esperada, un BNG con Ana Pontón desbordando os marcos e a Besteiro co apoio pechado da dirección federal do PSOE de comezo a fin. Os conservadores temen pola perda da Xunta pero na esquerda tamén hai temores: á frustración colectiva se o cambio non chega por unha presada de votos ou pola influencia de dúas siglas: DO e CERA
- Documento 18F Eleccións galegas
- Política
A Xunta renova licenzas de caza automaticamente e de balde a maiores de 65 ás portas do 18F
A renovación das licenzas de caza xa era gratuíta para maiores de 65 dende o ano pasado. Agora, a Xunta implanta a renovación automática e comunícao en vésperas electorais aos cazadores en cartas asinadas pola vicepresidenta Vázquez, que alude á vontade de promover "servizos públicos máis directos e personalizados"
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A campaña do PP recorre a ETA ao xeito de Fraga dez días antes de perder a Xunta
Os populares reeditan contra Ana Pontón a estratexia despregada na campaña galega de 2005, cando mantiveran que un Goberno de PSdeG e BNG "podería facilitar" o terrorismo en Galicia. "O nivel de nerviosismo do PP está superando todo o que nos podiamos imaxinar. O cambio é imparable", considera a candidata do Bloque
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Das catro eleccións ao voto exterior: claves do 18F ás que ollar durante o 'silencio' das enquisas
A publicación de sondaxes está prohibida ata o peche das urnas, pero séguense realizando e son clave na toma de decisión dos partidos para as catro eleccións galegas, unha por provincia. O limiar do 5% para optar a ter representación ou o temor ao impacto do CERA son elementos clave nun contexto no que os escanos finais de cada circunscrición poidan acaba determinando se o país é gobernado pola esquerda ou a dereita
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Pontón e Besteiro bosquexan en RTVE o programa dun Goberno da esquerda en contraste co "candidato ausente"
A ausencia de Rueda deixa á candidata do BNG e ao aspirante do PSdeG vía libre para presentaren o programa dun posible Executivo progresista falando de política galega nunha hora da franxa de máxima audiencia de RTVE. Nacionalista e socialista remítense ao resultado electoral para falaren de eventuais pactos para un "Goberno que represente a pluralidade", di Pontón; un "Goberno de progreso", agrega Besteiro
- Documento 18F Eleccións galegas
- Política
O PP promete a gardas civís que seguirá sen aplicar a Lei de Policía de Galicia se continúa gobernando
Galicia conta cunha lei para despregar o seu propio corpo policial dende hai 17 anos, cando a impulsou o Goberno de PSdeG e BNG. A xefa de campaña do PP garante á asociación JUCIL que o partido "non comparte as propostas defendidas polo BNG" sobre a Policía galega. A promesa electoral do Bloque é aplicar a lei de 2007
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Sánchez e Zapatero, entregados con Besteiro: o PSOE non afrouxa na recta final ao ver posible o cambio
O panorama é complexo para o PSdeG, pero por factores inéditos, e observan que un esforzo no que resta de campaña pode ser clave para unha mudanza política pola que seguen apostando. Sobre o mitin de Besteiro e Zapatero este martes en Lugo pairaba o acontecido nun restaurante da cidade hai poucos días: no PP "estiveron dicindo que rompía España" e "mentres se manifestaban, negociaban" con Junts, resaltan
Pontevedra é onde menos cae o voto por correo a respecto de 2020 e Lugo encabeza a suba en relación a 2016
As peticións de voto por correo son case un 20% menos que nas eleccións da pandemia, pero un 35% máis que nas eleccións galegas de hai oito anos. O prazo para envialo finaliza este xoves, día 15.