O Tribunal Superior ratifica a ilegalidade da cidade deportiva do Celta antes de que a Xunta valide a súa legalización
O goberno local de Mos, do PP, aprobou o luns o plan urbanístico co que pretende regularizar o xa construído, e o martes o TSXG fixo pública a sentenza que ratifica que foi ilegal, pero o paso municipal debe ser avalado pola Xunta e a sentenza pode ser aínda recorrida
O TSXG di a DomusVi que pode publicar as cifras de mortes con COVID nas súas residencias se teme que outros as terxiversen
A sentenza que rexeita a petición da empresa de que a Xunta oculte as mortes en cada residencia afea o seu “prexuízo a respecto da formación da libre opinión de cada cidadán”
O Tribunal Superior rexeita a petición de DomusVi de que a Xunta oculte as mortes con COVID en cada residencia de maiores
Varias empresas do grupo argumentaban que os datos podían danar a súa imaxe, pero a sentenza salienta que o interese público debe estar por riba dos seus “motivos privados de interese económico”
Feijóo deixa de ser deputado 17 anos despois para pasar ao Senado co apoio do PPdeG que non tivo Fraga
O ex-presidente racha a súa última ligazón coas institucións galegas tres meses despois do inicio da crise do PP que o levou a Madrid
A Xunta publicita no Club Náutico de Sanxenxo que as súas axudas para reformar vivendas "tamén son para segundas residencias"
A conselleira de Medio Ambiente anima a veciñanza a informarse das subvencións do seu departamento para “dinamizar o mercado residencial e a actividade construtiva nesta comarca”
O goberno do PP de Mos aproba o plan urbanístico que pretende legalizar a cidade deportiva do Celta
Levantada con licenzas que o Concello concedeu de forma ilegal, segundo sentenciou hai un ano un xulgado, o novo documento -que debe ser validado pola Xunta, favorable ao proxecto- intenta regularizar o xa construído
“Non hai tutelas nin hai tutía”, di Feijóo na proclamación como líder do PPdeG dun Rueda que o secunda cargando contra Sánchez
Feijóo pon ao novo PPdeG o obxectivo de mellorar nas municipais de dentro dun ano os malos resultados que tivo en 2019 con el á fronte, e di que Galicia “non será un problema para o conxunto do Estado”
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda agradece a presidencia do PPdeG aos baróns provinciais: “Moita xente pensaba que non iamos ser capaces e fomos”
Un congreso extraordinario de baixo perfil político faino este domingo líder do partido en Galicia cunha dirección na que ningún conselleiro ou conselleira ocupará ningunha vicesecretaría sectorial nin coordinación de área, como si ocorría coa directiva elexida por Feijóo hai menos dun ano
O Sergas non logra devolver a espera cirúrxica ás cifras previas á pandemia e a media volve aumentar a 77 días
Os datos empeoran en todas as áreas sanitarias agás Pontevedra, e en Ferrol dispáranse a 90 días, cando a lei establece un máximo de 60. Tamén os datos das consultas externas empeoran, con 56 días de espera.
A UE reclama explicacións a España nun prazo de dous meses sobre a demora en planificar os usos do mar
A Comisión Europea envía unha carta de emprazamento, fase inicial dos seus procesos de infracción, tras lembrar que a ordenación dos espazos marítimos debe ter en conta a pesca á hora de situar os parques eólicos
Villar Mir non poderá vender as súas minas en Galicia ata 2025 como condición polo rescate de 34 millóns que lle deu o Estado
A factoría de Ferroatlántica en Sabón debe reducir o consumo eléctrico un 2,8% e asinar contratos de subministro de fontes renovables, segundo o acordo confidencial asinado co Goberno central feito público polo regulador bursatil dos Estados Unidos
A Xunta reparte 800.000 euros en 52 minutos a concellos co persoal máis áxil ante o ordenador, que desta volta non tivo que trasnoitar
Medio Ambiente rectificou parte do procedemento para subvencionar obras que corrixan impactos paisaxísticos, cuxo prazo abriu a mediodía e non a medianoite como en anos previos, pero segue a primar a velocidade como criterio de reparto