Encarna Lago

Encarna Lago

(Barcelona, 1962) Xerente da Rede Museística da  Deputación de Lugo. Dezanove anos de experiencia na dirección, programación e  xestión de museos dentro das liñas do “Movemento  Internacional para  unha  nova  Museoloxía (MINOM)”. Autora de numerosos artigos sobre xestión social de museos, comisaria  de numerosas  exposicións  e  coordinadora de programas de responsabilidade social, capacidades diversas, accesibilidade, inclusión, xéneros, arte, educación, culturas en diálogo, etc.

Forma parte da Xunta Directiva de MAV (Mulleres das Artes Visuais), do Comité de honra da Bienal de Arte da Fundación ONCE 2018, e de  WILPF- Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade.

Baixo a súa xestión, a Rede Museística foi recoñecida  co Premio da Crítica Galicia 2004, Premio Mellor Experiencia Didáctica 2009, Premio ONCE Solidariedade 2011, Premio  Boa e  Xenerosa  Aventados 2016, Premio Galicia Inclusión 2017, Premio  Ibermuseos 2017 e coa incorporación do Plan Inclusivo no Banco Galego de Boas Prácticas en xestión cultural.