L. C. Carballal

L. C. Carballal

Levo a mor parte da miña vida adicado ao estudo e defensa do galego, dende a miña condición de amador, polo que procuro axudar no desenvolvemento do noso idioma dende a miña modesta posición. Colaborei no proxecto sobor de nomenclatura en galego d’A Chave e dende 2011 elaboro unha web con reflexións e recomendacións verbo do galego: debullandoafala.blogspot.com. Así mesmo, exerzo como escritor e tradutor con algunhas obras publicadas tanto en formato impreso coma dixital.