"Mentres non pechemos a fenda nos coidados non poderemos eliminar a desigualdade no emprego"
Neste Día da Muller Traballadora, os sindicatos poñen o foco na "corresponsabilidade" e no neceario reparto igualitario de tarefas no fogar para reducir a fenda salarial e as restantes desigualdades económicas entre homes e mulleres. Falamos coa economista Carmen Castro, que reclama "unha estratexia pública de abordaxe dos coidados que invista nos servizos públicos" e que avance cara á redución da xornada laboral
As razóns do 8M: o 40% das asalariadas gaña menos do SMI e a fenda de xénero non mingua
A CIG presentou hai uns días o informe sobre a Situación sociolaboral das mulleres en Galiza. Ano 2023, un documento que alerta de que no último ano a fenda salarial de xénero mesmo se incrementou. As maiores fendas salariais danse entre os grupos de maior e menor idade. En ambos os casos superan o 28%.
- Entrevista | Alejandro Vilar
- Ciencia e tecnoloxía
"Que os investigadores galegos saian fóra é bo. O malo é que Galicia non dea estabilidade aos que queren volver"
Investigal organiza o 8 e 9 de marzo en Bruxelas I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, que busca "tecer redes" entre os investigadores e investigadoras galegas que traballan noutros países e fortalecer os vínculos deste colectivo co ecosistema investigador do país.
A memoria democrática nos institutos, vacina contra o 'negacionismo' histórico
Integrantes do Grupo Histagra da USC presentaron ao alumnado de Bacharelato do IES Rosalía de Casto de Santiago o traballo de procura, identificación e exhumación dos restos de persoas represaliadas polo Franquismo que realizan dende hai tres anos. Falamos con Antonio Míguez Macho sobre a importancia deste tipo de actividades
Lingua e voto: o PP arrasa onde máis galego se fala; o BNG imponse onde menos se usa
O Partido Popular obtivo os seus mellores resultados o 18F nas comarcas con maior uso da lingua propia, e a maior porcentaxe de voto urbano en Lugo, cidade onde máis presenza ten o galego. O Bloque gañou na urbe e na comarca máis castelanfalante, a de Vigo.
O Estado publica o índice de prezos de alugueiro de vivenda, aplicable en 'zonas tensionadas' se a Xunta o decidise
O obxectivo é controlar a escalada de prezos do alugueiro, que está a facer cada vez máis difícil o acceso a unha vivenda digna. Porén, alén dunha función orientativa, o índice só ten aplicacións prácticas se os gobernos autonómicos aproban primeiro unha declaración de zonas tensionadas.
- Mapas interactivos 18F Eleccións galegas
- Política
Así votaron os barrios das cidades: o BNG impúxose nos barrios populares de Vigo e A Coruña e no centro de Compostela
O pasado 18 de febreiro o PP foi a forza máis votada en seis das sete cidades galegas, pero o BNG puxo a súa pica en Vigo. Podes ver nesta serie de mapas interactivos o resultado nas seccións electorais das sete cidades galegas e a evolución de cada partido en relación ao comicios de 2020.
Vingegaard volve exhibirse en Galicia no inicio do 'Gran Camiño' cara ao seu terceiro Tour
Na súa segunda participación no Gran Camiño o actual gañador do Tour de Francia volveu realizar unha demostración de dominio co que levou non só a clasificación xeral, a dos Puntos e a da Montaña, senón tres das catro etapas. Lenny Martínez e Egan Bernal completaron o podio dunha proba na que o vento, o frío e a chuvia marcaron a carreira.
A odisea dos oito mil galegos que construíron a Canle de Panamá
Este sábado inaugurouse en Auga Clara, nas esclusas da parte caribeña da canle, un monumento de bronce e silicio que homenaxea os milleiros de galegos que participaron no proxecto, impulsado pola panameña Fundación Nosa Terra. Dos máis de 45 mil obreiros que traballaron nas obras entre 1905 e 1914, 8.798 foron españois, e a maior parte deles galegos, contratados en orixe pola súa fama de "duros"
Ana Miranda e outros eurodeputados viaxan á fronteira de Gaza para reclamar a fin da invasión israelí
A visita da delegación do Parlamento europeo ao paso de Rafah, lugar de entrada da axuda humanitaria, quere facer fincapé no bloqueo que Israel está a exercer sobre esta axuda, imprescindible para a supervivencia de centos de miles de persoas, no que xa é unha das maiores crises humanitarias das últimas décadas, con máis de 30 mil palestinos asasinados polo exército israelí.
Ferrol inaugura o memorial aos mil asasinados polo Franquismo na comarca nun "acto de xustiza e reconciliación consigo mesmo"
O monumento, instalado no barrio de Canido, preto da tapia do cemiterio onde moitos foron fusilados, recolle os nomes de preto de mil persoas executadas polo fascismo nos meses seguintes ao Golpe de Estado de 1936 e durante a ditadura. O multitudinario acto contou coa presenza de familiares e de edís das comarca de Ferrol, Ortegal e Eume.
O número de aldeas deshabitadas en Galicia descende por primeira vez en dúas décadas
O número de núcleos deshabitados practicamente se duplicou entre o ano 2000 (1.236) e o ano 2022 (2.130), cun ascenso continuado sen excepcións. Porén, en 2023 a cifra pasou de 2.130 a 2.107, un descenso de máis de 20 aldeas, que pasaron a ter poboación.