Así debería comunicar un goberno de coalición en Galicia
Os investigadores Paulo Carlos López e Iván Puentes presentaron nun congreso en Quito unha guía sobre o que debería e non debería facer un executivo formado por varios partidos. A análise parte dos erros e acertos do Bipartito
Unha acampada do persoal de SEAGA, a imaxe en San Caetano no final da campaña
Os e as traballadoras denuncian as súas condicións laborais (teñen a condición de fixos discontinuos, polo que traballan tres meses e non poden acceder ao subsidio por desemprego), a política forestal do PP e o actual dispositivo de loita contra o lume.
As 8.000 persoas que traballan nos 'call centers' galegos, chamadas á folga
A limitada oferta da patronal na negociación do convenio colectivo motiva a convocatoria de paros parciais os 22 e 29 de setembro e totais o 6 de outubro. Ademais, a empresa Extel, con 900 empregados/as na Coruña, anunciou un ERE que afectará á metade do seu persoal
"A prioridade nesta lexislatura é a reconstrución do sistema de dereitos sociais que se destruíu"
ENTREVISTA O Colexio Oficial de Traballo Social insta aos partidos a que se comprometan cun Sistema Público Galego de Servizos Sociais. Falamos coa presidenta co COTSG, Marta Capeáns
Os salarios seguen estancados en Galicia
A enquisa de custo laboral, publicada polo INE, amosa que os pagamentos que os e as traballadoras galegas reciben apenas variaron dende o 2010 e que, ademais, nos dous últimos mesmo experimentaron un descenso. O diferencial coa media española mantense nos 200 euros mensuais.
Unha sentenza europea considera ilegal a sucesión de contratos temporais na sanidade
O Tribunal de Xusticia da Unión Europea sinala que o persoal interino que cobre prazas de funcionarios mediante o encadeamento de substitucións debe ser considerado persoal indefinido non fixo. Esta práctica, agora declarada fraudulenta, é habitual no SERGAS.
Rebordechán: a aldea que se organizou para ter un futuro
Falamos con David Lourido, da cooperativa que impulsa O Tempo da Aldea, un proxecto de revitalización desta parroquia rural de Crecente a través do aproveitamento dos seus recursos. Denuncian o escaso apoio recibido dende a Xunta e a Deputación de Pontevedra.
O PP volve salientar o incremento de persoas perceptoras da RISGA como unha boa nova
Fíxoo no mitin deste mércores en Cambados. A crise económica obrigou a que se duplicase o número de titulares desta axuda. Porén, a porcentaxe de poboación cuberta por rendas mínimas de inserción é aínda moi inferior á doutras comunidades. As entidades sociais piden que se triplique.
O sector do mar rebélase contra o intento de invadir as competencias galegas en acuicultura
Sindicatos, colectivos de bateeiros/as e mariscadores/as e outras entidades presentaron este xoves alegacións ao borrador de decreto de ordenación do espazo maritimo, elaborado polo Goberno central en funcións. Denuncian que o proxecto busca introducir a piscicultura masiva e industrial
@BotsPolíticosNo: Así se cazan os trolls e perfís falsos
ENTREVISTA Falamos cos integrantes deste colectivo, que dende hai dous anos publica completos informes sobre o uso que case todos os partidos fan destas técnicas de engando nas redes sociais. O máis recente: a análise sobre a fraudulenta estratexia de redes do PP en Lugo.
Simona Levi: "A transparencia por si soa non é suficiente. Hai que xudicializar os procesos"
ENTREVISTA A activista presentará este venres na Coruña a obra Hazte Banquero, construída a partir dos correos electrónicos de Blesa nos que se basea o Caso Bankia. Este mércores ofreceu en Compostela unha charla sobre cultura libre e o xoves intervirá na cidade herculina nun acto de EnMarea.
O 28 de setembro reclama a información pública á que tes dereito
Nesa data celébrase o Día Internacional do Dereito a Saber, iniciativa da ONU que defende o dereito a acceder á información das institucións como mecanismo para a rendición de contas. Civio organiza unha acción colectiva de demanda de datos oficiais.