O 18F, concello a concello: o PP fíxose forte en Pontevedra, o BNG medrou nas áreas metropolitanas e o PSdeG só resistiu en Lugo
O PP foi a forza máis votada en 295 localidades, o BNG en 13 e o PSdeG en 5. Os populares non baixaron do 30% en ningunha localidade e o seu peor resultado tivérono en Vilar de Santos (31,95%)
A mobilización do PP resistiu o trebón do BNG e Rueda aumentou 70 mil votos grazas á participación máis elevada dende 2009
A suma de PP e VOX rozou o 50% (49,61%), mentre que a de BNG, PSdeG e Sumar ficou a máis de dous puntos (47,48%). A participación aumentou e moito; votou o 67,31% do censo, oito puntos máis que nas eleccións de hai catro anos
A participación medra máis de seis puntos, con grandes aumentos na cidade de Ourense e en Ribeira
A mobilización do electorado é só lixeiramente inferior á rexistrada en 2009 a esta hora e supera en 7 puntos á de 2012 e 2016. Nas cidades hai grandes diferenzas entre o aumento da participación en Ourense (+10 puntos) ou Lugo (+9) e a evolución de Ferrol, onde só medra tres puntos. Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra móvense entre os seis e os sete puntos, con datos semellantes á media do conxunto do país
A participación é moi alta ás 12 horas, con incerteza sobre a quen beneficia esta maior mobilización
Os datos do primeiro avance de participación amosan unha pequena baixada en relación ao dato de hai catro anos (19,42%) pero son superiores aos que se rexistraban a esta hora nos anos 2009, 2012 e 2016. É o dato máis elevado, polo tanto, dende o 2005. Hai que ter en conta que os tempos de votación son moi distintos no verán e no inverno, en función da luz solar e da temperatura.
O censo exterior engade máis incerteza no 18F nas primeiras eleccións galegas sen voto rogado dende 2009
Nas eleccións xerais do 23X a participación do voto emigrante pasou do 3% ao 6% e espérase que as cifras tamén medren nestes comicios. Historicamente o Censo CERA beneficiou os partidos no poder, aínda que en 2020 o PP apenas recibiu o 40% dos sufraxios, fronte ao 48% no conxunto de Galicia.
"Aquiles si que eran entroidos": as festas nos arquivos públicos galegos
Un percorrido pola inxente documentación que atesouran os arquivos públicos galegos -cada vez máis accesible na rede- permite albiscar a dimensión social que esta festa sempre tivo e tamén os controis que contra ela se exerceron
Así pechan as enquisas: o PP a menos de dous escanos de perder a maioría absoluta cun BNG en ascenso
Ëntre o domingo e o luns publicáronse máis dunha ducia de sondaxes. A media de todas elas sitúa o PP en 38,89 escanos, cun leve descenso con respecto ás semanas anteriores. Pontón dispárase e móvese por riba dos 23 escanos de media, absorbendo o voto dun PSdeG que podería baixar dos 12 representantes. A vitoria da esquerda, en mans da activación do voto abstencionista.
A aldea de Cangas que desapareceu hai 400 anos baixo a area por mor dun cambio climático
Un traballo do historiador Andrés Pino documenta a existencia dun núcleo habitado a carón da actual praia de Barra, que por mor dun "acontecemento meteorolóxico extremo", probablemente unha forte treboada ou unha sucesión de temporais, desapareceu entre os séculos XVI e XVII ante a imposibilidade de cultivar no lugar, cuberto na actualidade por dunas.
'Eu son': o Museo Provincial de Lugo recolle a memoria das mulleres rapadas polo franquismo
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición temporal EU SON. Memoria das rapadas, realizada por Art al Quadrat (Mónica e Gema Del Rey Jordà). O proxecto vai facer unha recollida de testemuños, lembranzas e historias vencelladas coas mulleres rapadas en Galicia
Así marchan as enquisas a unha semana das eleccións: o PP baixa e sobe o BNG, que concentra o voto da esquerda
Quedan oito días para as eleccións do 18F, uns comicios máis abertos do que hai apenas un mes se podía pensar e nos que, por primeira vez en 15 anos, a maioría absoluta do PP está no aire. Na media das enquisas publicadas, o PP móvese ao redor dos 39 escanos, baixando lixeiramente na última semana, o BNG sobe dende 20 ata 21 ou 22, mentres que o PSdeG se estanca nos 14 e mesmo podería perder un deputado; Sumar afástase do Parlamento e DO sitúase no límite de obter representación.
As solicitudes de voto por correo son menos que no 2020 pero medran un 36% en relación ao 2016
Correos admitiu 62.831 solicitudes, fronte ás 77.057 de hai catro anos, cando se bateu o récord de voto por correo nunhas eleccións celebradas en xullo e durante a pandemia de COVID. En cambio, o número de solicitudes dispárase en relación aos comicios de 2016, os últimos celebrados en condicións normais
O 60% da poboación descoñece as medidas para reducir a incidencia do canceríxeno radon nos fogares
Unha enquisa realizada polo grupo Novos Medios da USC sinala que Galicia é o territorio do Estado no que a cidadanía amosa unha maior preocupación por este tema. Aínda que unha ampla porcentaxe (o 70,5%) sinalan o radon como un elemento canceríxeno, só catro de cada dez (o 39,2%) identifican no seu nivel de gravidade, como segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco