"Non sabemos a que vén a polémica coa homeopatía; se fose útil, incorporaríase ao Sergas"
Borja Merino é un dos impulsores, xunto a outros estudantes de Medicina e varios científicos, dun manifesto que pide á USC que retire a pseudociencia da súa oferta educativa.
O Karbo: cando a elite do fútbol feminino estaba en Galicia
O Concello da Coruña presenta un documental sobre o equipo feminino coruñés, campión de España en varias ocasións a principios dos 80, nos que era referencia no Estado. "Había e hai unha débeda histórica con elas", di Óscar Losada, director do filme.
Estudantes de Medicina piden á USC que retire a pseudociencia da súa oferta educativa
Un manifesto reclama á Universidade que a cancelación dun máster de acupuntura e a non repetición dun máster de medicina natural e dun curso de verán de oncoloxía integrativa por ensinar terapias e tratamentos "que non contan cunha evidencia científica sólida".
Sánchez garante que o PSOE nunca "porá en perigo" os gobernos municipais das mareas
O líder do PSOE dáse un baño de masas na Coruña e asegura que, se goberna, terá en conta unha "axenda galega". Tende a man a Podemos pero renuncia a "un goberno só de esquerdas" e reclama "un executivo transversal" xunto a Ciudadanos.
A mareas votarán en cada municipio os "principios básicos" para confluír nas galegas
Aproban un borrador cos "marcos comúns" que será validado por cada plataforma local e que servirá de base para ampliar o proceso a outros procesos municipalistas e implicar a cidadanía.
Máis de 30 concesións mineiras pretenden buscar ouro sobre 70.000 hectáreas en Galicia
A ameaza megamineira da nova solicitude de exploración na Costa da Morte é só unha das moitas peticións para explorar o terreo. A maioría delas precisarían cianuro para acceder ao mineral e Salvemos Cabana advirte do "risco" que suporía unha planta de lixiviación no país.
"Precarias": A CIG reclama o carácter reivindicativo e de clase do 8-M
O sindicato nacionalista concéntrase ante tendas de Inditex, patronais e supermercados no Día Internacional da Muller Traballadora e denuncia "a renuncia a certas demandas" e a "comercialización da data".
A acusación de "terrorismo" por unha bufanda do Celta reabre o debate da censura no fútbol
Un veterano afeccionado do Celta foi expulsado de Balaídos por lucir unha bufanda dos Celtarras e acusado de "exaltación do terrorismo". A denuncia únese á de deportivistas aos que lles foron requisadas prendas cunha caveira ou ás de seareiros ás que lles retiraron estreleiras.
A baixada do paro ratifica o fracaso das oficinas de emprego para atopar traballo
Case 1.200 persoas abandonaron as listas do paro en febreiro ao tempo que o emprego se incrementou en máis de 4.600 ao entrar no mercado laboral xente que xa non estaba inscrita no antigo Inem.
"Falta aínda tempo para que a expansión da avespa asiática se deteña"
ENTREVISTA Sandra Rojas Nossa é a coordinadora científica do programa que trata de frear a expensión da velutina capturando e eliminado 30.000 raíñas en Galicia durante 2016. Esta doutora en Bioloxía reclama unha loita contra esta invasora "coordinada a nivel europeo".
O informe da UE que racha tópicos sobre os sindicatos en Galicia e no Estado
A enquisa para Eurofound revela que as centrais estatais e galegas son das que máis cobertura dan aos traballadores coa metade de tempo e recursos que en Europa. Menos do 30% dos representantes dispoñen de horas sindicais en Galicia e no Estado, fronte ao 56,2% na UE.
O PSOE ofrece a En Marea revisar ENCE e un plan para o lácteo, pero obvia Angrois
Os socialistas envían un documento á coalición con propostas específicas para Galicia que inclúe fondos para rexenerar a ría do Burgo, unha repartición máis equitativa das cotas do cerco ou medidas moi xerais para o naval. A coalición rexéitao e acusa os socialistas de "chantaxe"