O cheque da Xunta para paliar a crise marisqueira: 550 euros e máis de 4.300 profesionais ás portas do 18F
O 60% do sector recibe esta axuda directa impulsada polo Goberno galego a un mes das eleccións para "compensar os custos básicos" logo do "brutal impacto" dos temporais de finais de 2023 que provocaron unha elevada mortaldade nas rías.
BNG e PSdeG sinalan a Xunta por "mentir" sobre os medios destinados á busca de 'pellets'
Bloque e socialistas cargan contra o Goberno galego por difundir que moveu na busca de sacos e granulados no mar todos os seus buques e helicópteros de Gardacostas cando non chegou a mobilizar nin a metade dos que dicía: "É unha estafa".
A derradeira enquisa do CIS prevé un forte aumento do BNG e mantén no aire a maioría absoluta do PP
O PP mantén un resultado estimado de entre 34 e 38 escanos, mentres que o BNG dispara a súa estimación e podería superar os 30 escanos, mentres que o PSdeG cae. Sumar, Vox e DO poderían entrar no Parlamento.
A Xunta moveu na busca de 'pellets' só o 40% dos barcos e helicópteros que dixo estar a utilizar
Os datos oficiais de Salvamento Marítimo revelan que o Goberno autonómico comunicaba a diario o uso de todos os seus medios aéreos e marítimos na procura de sacos no mar malia deixar en terra máis da metade e mentres criticaba o escaso apoio do Estado. O ministro de Transnportes acusa a Administración autonómica de "mentir" e "manipular".
A Xunta Electoral Central insiste en que se amplíe información do 18F na CRTVG, á que reprocha pasar de cinco debates a un só
A Corporación recorreu a amoestación que lle fixo a Xunta Electoral Galega por reducir o tempo de campaña co argumento de que os seus "principios xornalísticos" son emitir informacións máis curtas, pero a Xunta Central desbótao e lembra que en 2020 organizou cinco debates fronte a un único agora.
Galicia bate marcas en excedencias para coidar crianzas malia a alta demanda e gratuidade nas escolas infantís
Foi a comunidade onde máis aumentaron estes permisos para atender pequenos ou familiares en 2023, o 81% solicitadas por mulleres. As prazas públicas da Xunta no tramo de 0 a 3 anos en centros de Infantil supoñen apenas un terzo do total.
Os 'pellets' volven á campaña tras achegar o Estado datos que deitan máis dúbidas sobre a xestión da Xunta
O ministro de Transportes, Óscar Puente, comparece a petición do PP no Congreso e cualifica de "calamitosa" a xestión do Goberno galego, insiste en que foi informado desde o principio do vertido e asegura que activou e desactivou o 3 de xaneiro a alerta que acabou por comunicar dous días despois.
Zapatero chama a "conxurarse" para "remontar": "Só o pode facer o PSOE e vaino facer Besteiro"
O ex-presidente do Goberno de España impulsa o PSdeG nun acto na Coruña no que carga contra a ausencia de Feijóo e agora de Rueda nos debates: "Quen non comparece non merece ser presidente".
- Datos
- Economía
Tres de cada catro novos parados en Galicia no mes de xaneiro foron mulleres
O desemprego subiu en case 1.600 persoas debido en exclusiva ao aumento no sector servizos tras o final da campaña de Nadal e das rebaixas. Case o 75% das novas persoas paradas foron mulleres nun mes no que se destruíron 12.000 postos de traballo.
A Xunta Electoral amoesta a CRTVG por reducir o tempo dedicado á campaña electoral e ordena incrementalo
Estima parcialmente unha demanda do BNG e advirte que non está "xustificado" que a información diaria electoral fose recortada en case tres minutos con respecto á de 2020 pola "incidencia" que ten na cobertura dos partidos e pola "importancia do pluralismo político e social".
Xunta, deputacións e bombeiros acordan o fin da folga tras oito meses: melloras por negociar tras o 18-F
O pacto asinado entre administracións e persoal comarcal contra incendios implica adiar as futuras conversas ata despois das eleccións pero garantindo "melloras laborais" e de efectivos para os 24 parques e un novo convenio colectivo.
Catro millóns previstos para centros de saúde acaban pagando á concesionaria do hospital de Vigo
Unha modificación orzamentaria permite que 3,88 millóns dunha partida de 5,67 prevista para a construción de ambulatorios pasen a dotar "o crédito necesario para satisfacer o importe das facturas" da instalación hospitalaria.