A portuguesa 'Um caroço de Abacate', premio Marieta á mellor curtametraxe no Norte Cinema Diverso
O festival de cine LGTBIQ+ coruñés premiou a fita lusa como a mellor entre as 14 presentadas ao certame.
O PSdeG acelera os cambios: primarias o 7 de abril e o 27, congreso para renovar a dirección
O aínda secretario xeral socialista, Valentín González Formoso, anuncia a celebración dun congreso extraordinario durante o Comité Nacional que o partido celebrou en Santiago, apoia a Besteiro e pide "estabilidade" e afondar "no proxecto de país e no perfil galeguista" da formación.
Condenados a meses de cadea catro responsables da empresa de seguridade Alcor por vulnerar dereitos dos traballadores
A firma, con sede en Monforte, esixía ao persoal asinar documentos en branco e condicións laborais ilegais "abusando nalgúns casos da súa situación de necesidade"
Ética xornalística e ollada de xénero: 'As mulleres que opinan son perigosas', outra volta en Pontevedra
Ana G. Liste, xornalista de Praza.gal, será unha das relatoras da sétima edición do encontro, que se celebra en Pontevedra os vindeiros 15 e 16 de marzo
Ábalos rexeita dimitir e o BNG quere que o Congreso investigue tamén as compras na pandemia da Xunta de Feijóo
Os grupos tentan adaptar aos seus intereses as pescudas políticas polo denominado caso Koldo, a presunta trama de comisións na venta de material sanitario pola que foi detido un asesor do ex-ministro Ábalos, que se nega a dimitir como deputado
Unha galería virtual permite 'pasear' pola Bienal de Pintura do Eixo Atlántico dende a casa
A mostra, que reúne unha escolma de 25 obras de artistas de Galicia e Portugal, foi inaugurada en Lugo en novembro. Despois de percorrer Braga, Bragança e Maia, poderá verse en Ribeira en maio e posteriormente estará en Monforte en outubro
Besteiro propón un "pacto pola lingua" para garantir máis recursos cos que reverter a perda de galegofalantes
O líder do PSdeG asistiu este sábado no Panteón de Galegos Ilustres ao acto central da AELG polo Día de Rosalía. O socialista criticou voto do PP en contra do uso do galego no Senado, que dá continuidade á súa oposición no Congreso e no Parlamento Europeo
Pontón anuncia unha oposición "en positivo" e "construtiva" fronte ao PP "máis prepotente e absolutista"
O BNG celebrou este sábado o seu primeiro Consello Nacional tras as eleccións do pasado 18 de febreiro, que para a líder nacionalista amosaron que "o Bloque non ten teito electoral". “Temos que seguir traballando para ensanchar a base social do BNG e facelo como até agora, sempre coa man tendida e cun sorriso", dixo
Galicia celebra o 'Día de Rosalía' reivindicando "un mundo mellor, diverso e igualitario, un mundo máis rosaliano"
Institucións, entidades culturais e centros de ensino celebran o aniversario do nacemento da escritora, o 23 de febreiro de 1837. Recitais poéticos, un "Caldo de Gloria" que se cociñará en 400 establecementos e a lectura do manifesto elaborado por Carlos Callón para a AELG (que realiza o sábado no Panteón de Galegos Ilustres o seu acto central), entre as moitas actividades organizadas. Ademais, hoxe comeza en Compostela o Festival Rosalía
Queixeamos? A 49ª Festa do Queixo de Arzúa reunirá máis de 60 expositores e música en directo na 'Terra do Queixo'
Guadi Galego, Grande Amore, Fillas de Cassandra, Tu Futura Exmujer, La Plazuela, Arde Bogotá e De Vacas actuarán na Festa do Queixo de Arzúa entre o 2 e o 3 de marzo, dous días de degustacións, presentación de produtos e música en directo nunha carpa con capacidade para máis de tres mil persoas
Sarabela estrea 'O dragón de ouro', unha trepidante obra coa inmigración ilegal e a prostitución de fondo
É a primeira vez que se leva á escena en galego unha obra do prestixioso dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, o autor xermano vivo máis representado a nivel internacional, grazas á tradución de Catuxa Pato. A peza poderá verse en Ourense os días 23, 24 e 25 de febreiro e despois xirará polo resto de Galicia
Regar cultivos con auga de depuradora para paliar as secas, un programa internacional liderado dende Lugo
Encadrado no proxecto europeo I-Rewater, o estudo liderado dende o Campus Terra analiza o efecto da "auga rexenerada" na rega de oliveiras, viñedos, lúpulo, tomate ou leituga. "Pode aforrar un 10% dos recursos hídricos consumidos na actualidade" , explica o investigador Javier Cancela