Catro galegos, nominados aos premios Hollywood Music in Media
Antón Alcalde, Karolis Biveinis, Daniel Minimalia e Rubén Vizcaíno son candidatos en varias categorías, nuns galardóns que se entregarán o vindeiro 21 de novembro en Los Ángeles.
As principais partidas contra o desemprego caen en máis de cen millóns en dous anos
Os fondos dos tres principais programas de políticas activas de emprego volven caer nos Orzamentos para 2014 e acumulan un descenso de case o 42% con respecto a hai dous anos.
Ante a dor dos demais
Praza PúblicaAs diferentes "unións de forzas" para as eleccións europeas
Yolanda Díaz aposta pola "unión de forzas" como "clave do éxito" para as vindeiras eleccións europeas, mentres Vence insta a EU a desligarse de Izquierda Unida para entrar na coalición soberanista.
A CIG reclama na rúa outras políticas para loitar contra o paro
Máis dun milleiro de persoas convocadas pola central nacionalista percorren Compostela e piden á Xunta que "deixe de mirar para outro lado" ante a "situación dramática" de boa parte da sociedade.
A Xunta volve recortar nas consellerías sociais para 2014
Sanidade, Traballo e Benestar e Educación contarán con 55,5 millóns de euros menos para o vindeiro ano, segundo o proxecto de Orzamentos entregado pola conselleira de Facenda ao Parlamento.
Novos recortes e un paso máis na estratexia recentralizadora do Goberno
O Bloque asegura que os novos axustes suporanlle a Galicia 400 millóns de euros e ve nesta medida "o último ataque" dunha estratexia recentralizadora máis ampla que inclúe a reforma local, a proposta de redución de escanos ou a desaparición do sistema financeiro galego.
E se Galicia segue o camiño catalán para abolir as touradas?
O movemento antitaurino volve amosar a súa forza, presenta no Parlamento 100.000 sinaturas contra o espectáculo e medita xa impulsar unha ILP semellante á que en Cataluña acabou por vetar as corridas de touros.
Galicia TIC deita a súa ollada sobre a potencialidade dos países emerxentes
A undécima edición deste encontro sobre nova tecnoloxías celebrarase en Compostela o vindeiro 24 de outubro coa presenza de numerosos profesionais das TIC galegas
Méndez Romeu acusa a Feijóo de "receitar só resignación e derrotismo" aos galegos
Debuta como voceiro socialista culpando o presidente "da destrución do Estado de Benestar" e ofrécelle un pacto que inclúa "un plan de emprego e o mantemento de Novagalicia como entidade financeira galega".
Jorquera: "Feijoo vive nos seus papeis, non na Galicia real"
O discurso de Jorquera tivo unha forte compoñente económica: do paro aos recortes, pasando polos repagos. E tamén fixo fincapé nas "cortinas de fume" coas que, ao seu xuízo, Núñez Feijoo busca decote "ocultar a realidade"
A Xunta bota abaixo a mina de Corcoesto
Rexeita o proxecto de vez pola súa insolvencia financeira, pero non polos riscos medioambientais, logo de que a multinacional non reunise o 25% dos fondos propios sobre o investimento.