Xavier Castro Martínez

Xavier Castro Martínez

Xavier Castro Martínez (Vigo, 1978). Quirogués. Avogado. Traballa en Compostela para a central sindical CIG. É concelleiro polo BNG en Quiroga. Vivíu etapas en Ourense e Lugo. Na época universitaria participou en diversos colectivos de ámbito galego (CAEF, Galiza Nova, Redes Escarlata) e tamén de ámbito local quirogués (asoc. de poetas Arco da Vella, asoc. xuvenil O Val). No eido artístico é o Xavinho da Queiroga. Escrebe poesía e relato curto, ainda que principalmente destacou como vocalista de rock da escea reivindicativa galega. Foi co-fundador das bandas Fai Tun Flai e Nao. Actualmente segue na música co grupo Raiba