A Mocidade Galega pola Memoria levou a cabo unha protesta na inauguración da mostra que no Museo de Pontevedra acolle A derradeira leición do mestre, a obra na que Castelao denunciou a represión franquista e o asasinato de Alexandre Bóveda. Integrantes da entidade despregaron carteis reivindicativos e subliñaron que "a memoria histórica non pode limitarse á exhibición de símbolos ou obras artísticas, senón que debe traducirse en compromisos efectivos coa verdade, a xustiza e a reparación das vítimas da represión franquista".