Nas últimas 24 horas caeron en Galicia preto de catro mil raios, especialmente durante a tarde e noite do mércores e na madrugada deste xoves. As treboadas, que afectaron a boa parte do territorio viñeron acompañadas de chuvias e de fortes sarabiadas, con pedrazo de gran tamaño.