Pedro Sánchez comparece ante o Congreso para abordar os casos de corrupción e procesos xudiciais que atinxen o PSOE e o Goberno de España. O presidente do Executivo e líder socialista principia advertindo de que "non debe haber impunidade" para as prácticas corruptas e instando a distinguir entre casos coma o que vén de propiciar a condena de Ábalos das pescudas contra as súa familia.