O Goberno israelí carga contra o Concello de Oleiros pola queima no San Xoán dunha figura que representaba a Trump e Netanyahu montados nun mísil na praia de Bastiagueiro. "Oleiros manda ao inferno" aos "dous criminais máis vergoñentos e indecentes do noso tempo", reivindica o goberno municipal, que resalta que o acto virou "nunha nova denuncia do masacre" que os mandatarios "están a causar por todo o mundo, ignorando leis e dereitos internacionais e humanos". A embaixada de Israel en España transmite a súa "condena" ao consistorio oleirense por, din, "promover demostracións inaceptables". "A responsabilidade das autoridades é parar a instigación ao odio, non fomentalo", sosteñen. [Imaxe: © Concello de Oleiros]