A Marea Atlántica segue a subir e xa supera as 1.100 sinaturas

Presentación pública da Marea Atlántica © Marea Atlántica

A Marea sobe. O manifesto da iniciativa Marea Atlántica, que pula por "recuperar María Pita para o 99%", supera xa as 1.100 sinaturas de apoio na Rede, logo de dúas semanas desde o seu lanzamento público con 99 sinaturas e unha semana despois da súa presentación en sociedade. O proxecto que busca a confluencia cidadá na procura dunha candidatura para as eleccións municipais de 2015 marcous como obxectivo validar a súa proposta "dunha outra Coruña" alcanzar as 2.500 firmas o 1 de outubro. E xa está preto da metade desa cifra con dous meses aínda por diante.

A Marea Atlántica superou as 1.100 sinaturas de apoio en tan só dúas semanas

Desde hai días, Marea Atlántia traballa nunha metodoloxía para ir creando "mareas sectoriais ou de barrio" coas que ir creando un proxecto de cidade "para os e as de abaixo". Este proceso culminaría en outono coa celebracía dun Foro Social ou Marea Viva onde se artellase a iniciativa, se avaliasen todas as propostas e alternativas recollidas e onde se valorase tamén a posibilidade de concretar un "espazo de confluencia" coa mirada posta xa nos comicios municipais de dentro duns meses.

A iniciativa celebrará agora "mareas sectoriais ou de barrio" que culminarán cun Foro Social en outono

Malia que a Marea aclara que non é "nin un partido nin unha plataforma", a iniciativa foi saudada e ben recibida por diversas formacións políticas na Coruña como Anova, Esquerda Unida, BNG, Compromiso por Galicia ou Espazo Ecosocialista.

Presentación pública da Marea Atlántica © Marea Atlántica

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.