- Vídeo
- Cultura
Noemí Chantada estrea a curta 'Xoves de Comadres' sobre a soidade dos maiores: "Quixen achegarme ás persoas que viven esas primeiras ausencias"
A realizadora presentou este primeiro traballo de ficción no Festival de Málaga e acaba de recibir un galardón na Mostremp en Catalunya. Agora estrea en Galicia dentro do MICE do Museo do Pobo Galego e nunhas semanas participará no FICBUEU.
Pontón e Caballero centrarán a súa oposición a Feijóo na defensa dos servizos públicos: "Esiximos responsabilidade"
A líder do BNG reclama "blindar os servizos públicos" e o voceiro socialista "políticas ao servizo da xente" para o inicio da cuarta lexislatura de Alberto Núñez Feijóo, marcada pola crise da Covid-19
A axuda á conciliación polo coronavirus que publicitou Feijóo para "36.000 familias" chegará a menos de 1.200
Ademais do Bono Coidado extraordinario para a atención de menores de 12 anos na casa por mor da Covid-19, a Xunta ofertou unha prestación similar para a atención de persoas dependentes que non acadou as 700 solicitudes
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
Médicos de Atención Primaria non ven solución á "sobrecarga" nas consultas con máis de 50 pacientes ao día: "Temos unhas axendas insoportables"
Os médicos de Familia acusan anos infradotados de recursos humanos e materiais nun momento no que a Atención Primaria cada vez asume máis carga de traballo pola proliferación das enfermidades crónicas e o envellecemento poboacional. A isto súmaselle agora a Covid-19 cos rastrexos de contactos e a supervisión tanto de centros de ensino como dos sociocomunitarios.
A Xunta non dá resposta para a conciliación ante peches de escolas por brotes da Covid-19
Os sindicatos critican que a Xunta actúa de maneira "unilateral" co protocolo de volta ás aulas e que non se están a debater as cuestións colaterais ao documento, como son as solucións para a conciliación familiar en caso de ensino a distancia
Feijóo recomenda agora máscara permanente na escola a partir dos 6 anos pero deixa en mans estatais que sexa unha obriga
O presidente evita tomar novas medidas polo brote da Coruña, do que asegura que non están saíndo casos a outras zonas e “parece” que diminúe
Investigadores de Vigo proban con éxito o litio para tratar a Covid-19 en casos graves: "Diminúe a inflamación e potencia o sistema inmune"
A revista especializada Frontiers in Pharmacology vén de publicar os resultados dos primeiros seis pacientes de Covid-19 tratados con litio no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde o equipo ao que pertence o investigador Carlos Spuch leva unha ducia de persoas con síntomas moi graves de coronavirus que superaron a enfermidade grazas a este fármaco que normalmente se usa en psiquiatría.
Enfermeiras En Loita pide un protocolo para os rastrexos e advirte dun novo confinamento: "A situación complícase"
O colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita ve con moita "preocupación" o incremento sucesivo de casos da Covid-19 e pon o foco na falta de "transparencia" da Xunta a respecto dos rastrexadores do coronavirus. "Non sabemos quen rastrexa", aseguran.
- Entrevista | Benito Regueiro Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"O virus está tratando de aumentar a súa capacidade de contaxio e semella que vai diminuír a súa agresividade"
Benito Regueiro, xefe do Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, é un dos expertos que está a asesorar á Xunta no comité clínico creado pola pandemia da Covid-19.
Máis familias organizadas fronte ao plan da Xunta para o coronavirus no novo curso: "Estamos desesperados"
Preto de 600 familias de Galicia veñen de organizarse no colectivo Dereito a Ensino Sen Risco En Pandemia para reclamar unha volta ás aulas "segura" e "flexible", na que pais e nais poidan decidir se os seus fillos asisten presencialmente ás clases. Súmanse ás reivindicacións dos sindicatos do ensino e das Anpas.
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece Lugo
A COVID-19 'descobre' os xornaleiros que veñen traballar ao rural galego
Un brote da Covid-19 entre os xornaleiros que apañan amorodos e arandos na Terra Chá pon de relevo o situación destas persoas que veñen a Galicia a realizar uns traballos para os que non hai man de obra
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
A burocracia asolaga o profesorado na volta ás aulas máis incerta pola COVID-19: "Necesitamos seguridade"
Os docentes consideran que o protocolo da Xunta non se achega á realidade do día a día das aulas e ven con preocupación os posibles rebrotes desde o comezo do curso, cun sistema de clases virtuais ao que non ten acceso todo o alumnado. Falamos con profesorado dos diversos niveis educativos e representantes de centros de varios puntos de Galicia