Honras da (extrema) dereita española a Milei
Na súa primeira visita a España como presidente da Arxentina, Milei obvia as autoridades e lanza as súas diatribas da man de Vox pero tamén na sede do xornal do grupo Planeta nun acto ao que acudiu a voceira adxunta do PP no Congreso. Prodúcese menos dun mes despois de que Rueda viaxase á Arxentina -sen que o recibise- e transmitise tranquilidade ás empresas pesqueiras de capital galego porque as "incertezas" xeradas polo Goberno do país no sector "non se van producir" malia permanecer en aspectos clave como as cotas da pescada