Opinión

Con A

Llerena Perozo Porteiro

Llerena Perozo Porteiro

Vigo, 1974. Feminista desde o berce, especializada na teoria e na práctica en comunicación e xénero, imparte talleres sobre isto desde hai vinte anos. Vive na Gargalleira, onde desenvolve en sociedade un proxecto agrocultural e feminista.

  • Carmiña Burana

    Se nuns anos as futuras creadoras e empresarias culturais volvesen funcionar nese universo no que non se concibía facer cultura dentro de Galicia e non facela en galego, unha parte do dano, se cadra, sería revertido. Se non podemos ter xestoras que promovan a lingua e a cultura por convencemento, polo menos que o fagan por estratexia ou presión. Non sei que daba eu, hoxe mesmo, por un director xeral que nos presentase, enchido de orgullo, á gran cantante Carmiña Burana. 

  • Sentido común

    A Lei de Benestar Animal impón que ante o achado dun can abandonado é obrigado informar de inmediato, solicitar a súa recollida e que sexa trasladado a un centro autorizado. A vontade lícita e loable do poder lexislativo de crear mecanismos de protección que, a un tempo, muden a mentalidade da cidadanía, colida decote co sentido común. 

  • Dereito a decidir

    O dereito a decidir, malia que se lexisle, pode ser e está sendo socavado, en Italia e aquí. Porque o patriarcado, o de Meloni, o da Xunta, segue a contemplar ás mulleres como seres febles e volátiles que non saben o que fan. O gatopardismo patriarcal coñece a estratexia: aparentar que todo cambia para que todo siga igual.

> Nova música galega

  • Grampoder : Amuleto

    Grampoder estrean Amuleto, un novo album no que a proposta minimalista de guitarra e a batería volta ser o sólido armazón que sostén o seu discurso tinguido de desencanto, carraxe e frustración xeracional. Un cuarto disco que confirma o combo formado por Martin Wu e LeRoi coma unha das propostas máis sólidas da escena.

  • Boyanka Kostova : Foliada no inferno

    Boyanka Kostova estrean Foliada no Inferno, o seu quinto disco longo. Un álbum no que sen renunciar ao trap dos seus comezos ensanchan a fórmula con novos estilos e ritmos, algúns deles inéditos até o de agora na escena do País.

  • Pauliña : Galego Is Not Dead

    Máis de tres décadas separan o mítico Galician People Speak Galego de Yellow Pixoliñas do Galego Is Not Dead, o novo disco de Pauliña. Dous títulos afastados por máis de tres décadas entre os que trazar unha liña temporal ao longo da que perceber que algunhas cousas teñen mudado para ben e outras, as máis, continúan -imparables- polos vieiros das inercias da nosa Historia.