Nin catro nin un: entre Santa Comba e Coristanco xa non cabe ningún aeroxerador máis
Muras ou o espazo entre Vimianzo e a ría de Noia son outras das contornas nas que Medio Ambiente vén advertindo de problemas cos parques eólicos xa en funcionamento
4.500 millóns en seis anos: os plans de Transportes para o Corredor Atlántico, a maioría para liñas ferroviarias
Un ano despois de nomear un comisionado para o Corredor Atlántico, que chegou seis anos despois que o do Mediterráneo, o ministerio anuncia un grupo de traballo con Xunta e patronal para impulsar actuacións
- 📺 Galería
- Política
A estrea dos trens Avril inicia unha xeira de melloras ferroviarias que continuarán "xa" os Avlo de baixo custe
Unha decada despois da chegada da alta velocidade e dous anos e medio despois do AVE ata Ourense o ministro de Transportes promete progresivas melloras dos servizos coa Meseta a medida que avancen as obras de Chamartín
A conselleira de Vivenda defende como "exemplar" a xestión de axudas ao alugueiro criticada por Defensor del Pueblo e Valedora
A nova titular da área, María Martínez Allegue, considera "parcial" e "interesado" o informe do Defensor del Pueblo que censurou o "grave incumprimento" por parte da Xunta dos prazos, de 3 meses pero demorados máis dun ano
- Crónica
- Política
"Sitúese", "é ridículo": Pontón e Besteiro cansan de que Rueda responda con Catalunya ou Sánchez preguntas sobre Galicia
O presidente da Xunta insiste en salientar os seus resultados electorais e defender "o estilo deste Goberno, o estilo Galicia, moderación, sensatez e sentidiño" fronte á "soberbia" da oposición
Contas sospeita que dous hospitais privados de Ourense non se presentaron a un concurso do Sergas para seguir sen contrato
O ente fiscalizador considera "desconcertante" e unha posible "colusión tácita" que nin El Carmen nin Cosaga se presentasen a unha licitación para "regularizar" as desviacións de doentes sen concertos das que se veñen beneficiando
Xa son 40 os parques eólicos suspendidos cautelarmente polo TSXG en 61 concellos polos seus posibles efectos ambientais
Entre os últimos proxectos paralizados está un a petición do Concello de Cerdedo-Cotobade, do PP, formación que viña criticando este tipo de decisións do tribunal
O PP desbota investigar os contratos da pandemia e fala de xestión "exemplar" malia admitir Rueda que sería "mellorable"
A petición dunha comisión de investigación formulada polo BNG, que recibiu o apoio de PSdeG e DO, é tombada grazas á maioría absoluta dos populares
"Os médicos non puideron aplicar o tratamento adecuado por falta de medios": o Sergas é condenado por tardar nun ictus
"A falta de medios ha de imputarse á administración sanitaria", di o TSXG nunha sentenza que condena a Sanidade a indemnizar con 70.000 euros as secuelas dunha muller atendida no servizo de Neuroloxía da Coruña
14 anos despois de anular o concurso eólico do bipartito a Xunta indemniza unha empresa con 1,1 millóns que ían a concellos
O Goberno galego suma arredor de catro millóns de euros en indemnizacións a empresas prexudicadas pola súa decisión de 2009, engadindo xuros de demora ás contías a que foi condenada
Portugal suprime peaxes en parte das autovías 14 anos despois e deixa a viaxe entre Galicia e Porto pola costa en 1,25 euros
A Assembleia da República aproba que o vindeiro 1 de xaneiro desapareza o cobro na A24 que comunica Verín con Vila Real e que se suprima en dous treitos da A28 que conecta o Miño e Porto
Cos eólicos que hai entre Muras e Ourol as aves xa teñen "permanentemente un elevado risco de colisión", admite a Xunta
Medio Ambiente denega a instalación doutros dous parques eólicos nesa zona da Mariña polos efectos que están a ter os xa operativos nas aves, problema admitido tamén entre Vimianzo e Noia ou en Coristanco