Un informe demanda ás candidaturas municipais da Coruña a eliminación de 141 símbolos franquistas na cidade
Entre as propostas de supreción aparecen 30 nomes de rúas, 21 retratos, 28 distincións honoríficas e 44 monumentos, placas e escudos. Proponse a retirada dos nomes da avenida Primo de Rivera, a rúa Diego Delicado, a rúa Cabo Ponte Anido ou a praza José Toubes