Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.
  • Recibe adiantos e contidos exclusivos

    Grazas ao apoio de socias e socios puidemos renovar o noso xornal. Ese avance técnico permítenos agora que por seres de Praza recibas no teu correo electrónico adiantos de noticias e informacións exclusivas para poderes lelas antes de que sexan publicadas para o público xeral. Tamén terás acceso a dossieres informativos e mais documentos e publicacións especiais só para socios e poderás gardar os teus contidos favoritos para non perderes ningún.

  • Da túa man facemos mellor Praza.gal

    Praza.gal finánciase coas achegas das socias e socios e tamén co apoio das empresas e institucións que nos elixen como soporte para a súa publicidade. Cando maior sexa o peso das socias e socios nas nosas contas, máis posibilidades teremos de contratarmos máis xornalistas con remuneracións dignas e contratos estables.

  • Escoitamos, informamos

    Se te fas de Praza recibes antes da súa divulgación pública as principais cifras das contas da Fundación Praza Pública, editora do xornal. Tes, asemade, liña directa coa redacción para lle poder achegar suxestións sobre o traballo informativo diario e a dirección de Praza.gal detallarache periodicamente os proxectos nos que estamos a traballar.

Preguntas frecuentes

  • De quen é Praza.gal?

    A Fundación Praza Pública é a promotora do xornal Praza.gal. A Fundación ten por finalidade o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas. A Fundación constituíuse con este fin en xaneiro de 2012. A Fundación reúne entre os seus padroeiros un amplo abano de persoas de distintas actividades profesionais e diversos lugares de Galicia. Podes consultar aquí os seus estatutos.
  • Que facemos coas achegas das socias e socios?

    A Fundación Praza Pública é, de seu, unha entidade sen ánimo de lucro. O principal destino das cotas das socias e socios de Praza.gal é o pagamento dos salarios da redacción e mais dos e das xornalistas que colaboran eventualmente co xornal. Tamén contribúen a sufragar o mantemento técnico da web. A nosa actual estrutura custa uns 120.000 euros anuais
  • Desgrava?

    Si. En virtude da lexislación vixente en materia de entidades sen fins lucrativos e mecenado, as achegas das socias e socios de Praza teñen a consideración de doazóns. A persoa que as realiza ten dereito a deducir da cota íntegra do IRPF un 75 % dos primeiros 150 euros doados -do total de doazóns que realice a estas entidades-, e do que exceda de 150 euros, o 30 %. Podes informarte polo miúdo aquí.
  • A identidade das socias e socios é pública?

    Non. Os nomes das persoas que apoian a Praza.gal só son coñecidas pola Fundación Praza Pública e están protexidos pola normativa vixente en materia de protección de datos, que podes consultar neste espazo.
  • Como consulto ou varío a miña cota?

    Ao seres socio ou socia de Praza terás un espazo específico para ti dentro do noso xornal. Nesa páxina poderás consultar ou modificar os teus datos persoais, manter ou variar a túa cota ou renovar a túa subscrición se, en función da modalidade elixida, xa caducou.