0 Gardados para despois

Praza Pública precisa de ti

Praza.gal está a piques de chegar aos seus primeiros cinco anos. En case media década foron millóns as persoas que visitaron as nosas páxinas para leren máis de 13.000 noticias que xa publicamos.

Dende o primeiro día marcámonos o reto de publicarmos un xornal plural, innovador e de calidade. Elaborado por profesionais que traballen en condicións dignas para achegaren unha visión ampla e comprometida do país e do mundo.

O noso traballo susténtase coas empresas e institucións que confían en Praza.gal para espallar a súa publicidade pero, sobre todo, nas 350 socias e socios que, coas súas achegas, fan posible que 8.000 persoas lean Praza de balde cada día.

Hai máis que contar e para facelo precisamos máis mans. E para telas cúmprennos 150 socias e socios máis. Só contigo podemos ir máis alá.

De que maneira podo axudar a Praza?

Existen tres vías para realizar achegas económicas periódicas:

  1. domiciliando unha cota de apoio mensual ou trimestral
  2. efectuar un pagamento periódico a través de Paypal
  3. ordenando unha transferencia mensual ou trimestral desde a túa entidade bancaria. Se é do teu desexo podes igualmente realizar unha achega extraordinaria nun único pago ben domiciliando, ben a través de Paypal ou cunha transferencia bancaria.

Tamén podes axudar ao sostemento económico de Praza facendo compras na nosa Tenda ou reservando un plan de lecer con nós

Domiciliación

Completa este formulario en liña ou preenche o boletín de colaboración descargando o pdf e envíao asinado a comunidade@praza.com.

Descargar o boletín de colaboración

Datos bancarios

Calcula o teu IBAN a partir do teu número de conta

Facer unha achega por medio de Paypal

Selecciona a contía da túa e segue os pasos que te indican na pasarela de pagamento.

Lembra que podes utilizar Paypal para pagar con calquera tarxeta de crédito.

Subscrición

Un único pagamento

Transferencia

Podes ordenar a transferencia no teu banco á conta de Caixa Rural Galega: ES56-3070-0044-5160-8533-9825, da que é titular a Fundación Praza Pública. Neste PDF tes toda a información que precisas.

Descargar documento con toda a información

Non esquezas enviarnos unha copia do boletín de colaboración para poder dispoñer dos teus de contacto.

Que custa manter anualmente Praza?

Pagar á redacción e os xornalistas colaboradores de praza custa anualmente 72.000 euros. A estes gastos hai que engadir os gastos de mantemento tecnolóxico e de xestión que suman anualmente 18.000 euros. Para garantir o funcionamento de Praza precisamos 90.000 euros.

Máis información sobre as contas de praza

Que sustenta Praza?

A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública. É unha fundación sen ánimo de lucro que ten por finalidade o fomento da información e o debate público como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e a lingua galega. A Fundación constituíse en maio de 2012 está rexistrada como fundación de interese galego polo que podes beneficiarte polas túas achegas das desgravacións no IRPF e o imposto de sociedades.